Piscis Austrinus ou Peixe Austral foi unha das 48 constelacións listadas por Tolomeo, e tamén é unha das 88 constelacións modernas. A súa única estrela brillante é Fomalhaut.
Mitoloxía Créese que orixinalmente, Piscis Austrinus foi a única constelación con forma de peixe, Pisces foi considerada con forma de peixe con posterioridade.
Estrelas Estrelas con nome propio:
(24/α PsA) 1,17 Fomalhaut [Formalhaut] ou (Os) Piscis Meridiana [Os Piscis Meridionalis] ou Os Piscis Notii ou Difda al Auwel – ten un disco circumestelar. Fomalhaut representa a boca do peixe. É ben coñecida coma estrela binaria cunha compañeira anana branca. Beta PsA é a outra estrela da constelación con nome propio, chamada na China Tien Kang (corda divina ou celestial). Tamén é unha binaria, aínda que ás súas dúas compoñentes teñen unha relación máis "equitativa".
Estrelas con designación de Bayer: 17/β PsA 4,29; 22/γ PsA 4,46; 23/δ PsA 4,20 Aboras; 18/ε PsA 4,18; ζ PsA 6,43; 12/η PsA 5,43; 10/θ PsA 5,02; 9/ι PsA 4,35; 16/λ PsA 5,45; 14/μ PsA 4,50; Pi PsA 5,12; 15/τ PsA 4,94; υ PsA 4,99
Estrellas con designación de Flamsteed: 2 PsA 5,20; 3 PsA 5,41; 5 PsA 6,52; 6 PsA 5,97; 7 PsA 6,10; 8 PsA 5,73; 13 PsA 6,45; 19 PsA 6,12; 21 PsA 5,99
Outras notables estrelas: Lacaille 9352 7,34 – estrela próxima cun movemento propio grande. TW PsA 6,48 – estrela resplandecente próxima. HD 216770 8,10 – ten un planeta.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas The Deep Photographic Guide to the Constellations: Piscis Austrinus Star Tales – Piscis Austrinus Piscis Austrinus
Categoría:Constelacións