Puppis ou Popa é unha constelación austral. É a maior das tres partes nas que foi separada a Argo Navis.

Características notables Coma Puppis foi orixinalmente parte da Argo Navis, non ten estrelas con designación de Bayer α a ε, están agora en Carina e Vela. A súa estrela máis brillante é ζ Puppis, coñecida coma Naos.

Estrelas Estrelas principais ζ Puppis (Naos ou Suhail Hadar), a máis luminosa da constelación con magnitude 2,21, é unha extraordinaria estrela superxigante azul, unha das máis brillantes da galaxia. ν Puppis, xigante branco-azulada de magnitude 3,17 e posible variable Beta Cephei. ξ Puppis (Azmidiske ou Asmidiske), de magnitude 3,34, unha superxigante amarela a uns 1300 anos luz de distancia. ο Puppis, subxigante azul de magnitude 4,50 e estrela Be. π Puppis, estrela dobre de magnitude 2,71 onde as súas compoñentes, unha superxigante laranxa e unha estrela branca, están moi afastadas entre si. ρ Puppis, tamén chamada Tureis, unha xigante amarela de magnitude 2,83 e unha estrela variable púlsante do tipo Delta Scuti. σ Puppis (Hadir), estrela xigante laranxa de magnitude 3,25. τ Puppis (Rehla ou Al Rihla), tamén xigante laranxa e binaria espectroscópica de magnitude 2,94. QZ Puppis (b Puppis), variable elipsoidal rótante, cunha magnitude que varía entre 4,47 e 4,54. L1 e L2 Puppis, unha binaria óptica formada por unha estrela branca (L1) de magnitude 4,87, e unha xigante vermella (L2) de brillo variable entre magnitude 2,6 e 6,2. Ambas estrelas atópanse separadas entre si coma mínimo 10 anos luz. NW Puppis, estrela variable elipsoidal rótante e variable Beta Cephei de magnitude 5,11. QW Puppis, estrela variable Alfa2 Canum Venaticorum de magnitude 4,47. QY Puppis, superxigante laranxa e variable semirregular. RS Puppis, cefeida rodeada por unha gran nebulosa, onde a súa distancia (6500 anos luz) foi medida soamente cun erro de só o 1%. HD 44594, anana amarela de magnitude 6,59 cunhas características moi semellantes ás do Sol.

Estrelas con designación de Bayer κ1 Pup 3,80; κ2 Pup 4,62; χ Pup 4,76; a Pup 3,71; c Pup 3,62; d1 Pup 4,84; d2 Pup 5,73; d3 Pup 5,76; d4 Pup 5,99; e Pup 5,78; f Pup 4,53; h1 Pup 4,44; h2 Pup 4,42; 11/j Pup 4,20; 3/l Pup 3,94; m Pup 4,69; n Pup 5,06; n Pup 5,87; p Pup 4,65; q Pup 4,44; r Pup 4,78; t Pup 5,07; v1 Pup 4,65; v2 Pup 5,11; w Pup 4,83; x Pup 5,27; y Pup 5,41; y2 Pup 5,69; y3 Pup 5,68; z Pup 5,42; A Pup 4,83; C Pup 5,20; D Pup 5,80; E Pup 5,30; F Pup 5,24; G Pup 5,76; H Pup 4,92; I Pup 4,49; J Pup 4,22; M Pup 5,86; N Pup 5,08; O Pup 5,14; P Pup 4,10; Q Pup 4,69

Estrelas con designación de Flamsteed 1 Pup 4,63; 2 Pup 6,06; 2 Pup 7,03; 4 Pup 5,03; 5 Pup 5,48; 6 Pup 5,17; 8 Pup 6,37; 9 Pup 5,16; 10 Pup 5,69; 12 Pup 5,09; 14 Pup 6,12; 16 Pup 4,40; 18 Pup 5,53; 19 Pup 4,72; 20 Pup 4,99; 21 Pup 6,32; 22 Pup 6,13; 140 Pup 4,98; 171 Pup 5,36; 188 Pup 5,32; 212 Pup 5,01

Estrelas con planetas HD 70642, estrela moi semellante ó Sol cun planeta extrasolar nunha posición moi semellante á que Xúpiter ocupa no sistema solar, descuberto o 1 de Xullo do 2003. HD 69830 (a estrela máis próxima da constelación), estrela con tres planetas de masa semellante a Neptuno, de feito o primeiro sistema multi-planetario sen planetas do tipo Xúpiter e cun posible cinto de asteroides, descubertos o 18 de abril do 2006. O 4 de xullo do 2007, foi atopado o primeiro planeta atopado nun cúmulo aberto, o cúmulo NGC 2423, foi descuberto ó redor dunha estrela xigante vermella, a NGC 2423-3. O planeta ten 10.6 veces a masa de Xúpiter e orbita a 2.1 AU de distancia.

Obxectos Notables do espazo profundo Coma a Vía láctea corre a través de Puppis, hai un gran número de cúmulos abertos na constelación. Messier 46 (M46) e Messier 47 (M47) son dos cúmulos abertos no mesmo campo binocular. M47 pode ser visto a simple vista e ás súas estrelas máis brillantes son de magnitude 6. Messier 93 (M93) é outro cúmulo aberto a uns 3600 anos luz de distancia. NGC 2451 é un cúmulo moi brillante que conten a estrela c Puppis. NGC 2438, nebulosa planetaria no mesmo campo visual co cúmulo M46. En realidade está moito máis preto de nos co cúmulo. NGC 2440, nebulosa planetaria cunha estrela central que é unha das máis quentes que se coñecen. Nebulosa da Calaza (OH 231.84 +4.22), protonebulosa planetaria que no seu centro atopase a estrela variable Mira QX Puppis.

Mitoloxía Dado que Puppis foi orixinalmente parte da constelación Argo Navis, non ten mitoloxías relacionas de xeito independente antes do século XVII.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Mitoloxía

Para revisa-la mitoloxía desta constelación, a mellor forma é visita-los ártigos adicados ó mito do navío Argo Navis, mandado facer por Xasón a Argos; navío co don da fala e a profecía que lle serviu a Xasón para ir á busca do vélaro de ouro xunto coa súa tripulación, os míticos Argonautas.

Argo Navis Xasón Argonautas Argos Vélaro de Ouro

Astronomía

Para máis información sobre a desmantelada Argo Navis e ás súas compoñentes revise ós seguintes artigos:

Argo Navis Carina Pyxis Vela Malus, constelación obsoleta que era parte de Argo Navis, a cal facía referencia ó mastro do navío.

- Ligazóns externas a Argo Navis:

Starry Night Photography : Argo Navis Image Star Tales – Argo Navis

Ligazóns externas The Deep Photographic Guide to the Constellations: Puppis

Categoría:Constelacións