Eustaquio Ilundáin y Esteban, nado en Pamplona o 20 de setembro de 1862 e finado en Sevilla o 10 de agosto de 1937, foi bispo de Ourense entre os anos 1904 e 1920 e posteriormente arcebispo de Sevilla ata a súa morte.
Traxectoria Recibiu formación en Teoloxía nos seminarios de Pamplona e Cidade Real. Na capital navarra foi ordenado sacerdote no ano 1886 e alí serviu ata 1891. Entre 1901 e 1904 foi reitor do Seminario de Segovia.
Durante o seu período na diocese de Ourense prestou especial atención á formación dos seminaristas e promoveu os seus coñecementos científicos. Realizou importantes investimentos para subministrar aparellos ao gabinete de Física e Historia natural que el mesmo fundou.
En 1914 suspendeu a divinis ao crego e líder agrarista Basilio Álvarez pola campaña xornalística e política que este emprendera en defensa do campesiñado e contra os poderes conservadores. Eustaquio Ilundáin viviu tamén mentres foi bispo de Ourense a aceptación por parte da poboación de novas formas de lecer, entre elas o cinematógrafo, que foi visto como unha ameaza á doutrina da Igrexa e aos seus valores morais, visión esta que retratou Carlos Casares na novela Ilustrísima.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil de Eustaquio Ilundáin na páxina do Bispado de Ourense .
Categoría:Bispos da diocese de Ourense Categoría:Bispos católicos de España Categoría:Nados en Pamplona Categoría:Nados en 1862 Categoría:Finados en 1937 Categoría:Membros da Asemblea Nacional Consultiva