A historia de Armenia abrangue a historia de Armenia e a dos seus estados predecesores. Iníciase coas culturas neolítica do sur do Cáucaso, tales como a cultura Shulaveri-Shomu, seguido das culturas Kura-Araxes e Trialeti na chamada Idade de Bronce.
A Idade de Ferro durou dende o século IX até o 585 a. C. co Reino de Urartu, cando foi substituído pola dinastía Oróntida. Tralo dominio do imperio persa e do imperio macedonio, a dinastía Artáxida deu orixe ao Reino de Armenia no ano 190 a. C.. Este reino tivo a súa máxima influencia durante o reinado de Tigranes II, antes de caer baixo o dominio romano.
No ano 301, a Armenia arsácida foi a primeira nación soberana en aceptar o cristianismo como relixión de estado e esta unión entre estado e relixión manteríase ata a actualidade, pois a Igrexa apostólica armenia sempre foi unha grande defensora do nacionalismo armenio. Os armenios caeron máis tarde baixo dominio dos bizantinos, persas, e a hexemonía islámica, pero restabeleceron a súa independencia coa dinastía Bagrátida. Logo da caída do reino en 1045, e a posterior conquista de Armenia por parte dos turcos selxúcidas en 1064, os armenios estabeleceron un reino en Cilicia, onde estabeleceron relacións cordiais cos europeos e prolongaron a súa existencia como entidade independente até 1375.
A chamada Grande Armenia foi máis tarde dividida entre o Imperio Otomán e o Imperio Ruso. A finais do século XIX e comezos do XX os armenios sufriron un xenocidio por parte dos otománs. Como resultado, 1,5 millóns de armenios foron asasinados, e o resto dos armenios occidentais dispersáronse por todo o mundo a través de Siria e o Líbano.
A actual Armenia, cuxo territorio actual corresponde a gran parte de Armenia oriental, obtivo a independencia unha vez máis en 1918, co establecemento da República Democrática de Armenia, e logo en 1991, coa República de Armenia.
Orixes miniatura|Actual Escudo de Armenia, resumo de grande parte da súa historia. Nos cuarteis do escudo figuran os escudos de catro dinastías históricas: Bagrátida, no primeiro cuartel; Artáxida, no segundo; Arshakuni, no terceiro cuartel e, no carto o da dinastía Rubénida. A lingua armenia é unha póla illada do grupo lingüístico indoeuropeo. Se, na maioría dos idiomas, a palabra "armenios" se emprega para describir a estas persoas, os armenios denomínanse a si mesmos "Hay" (en alfabeto armenio: "Հայ" en plural: "Hayer," Հայեր"). Este nome semella provir do heroe nacional epónimo Haïk. Ademais, "Armenia" é escrito "Հայաստան" en armenio, e pronúnciase "Hayastán". De acordo coa tradición armenia, Haïk é fillo de Torgom, fillo de Gomer, fillo de Xafet, que é un fillo de Noé, e os armenios teñen habitado a rexión ao pé do monte Ararat, logo do Diluvio.Outra lenda asegura que Haïk loitou contra o xigante Bêl ao que venceu e con cuxos bens creou a nación armenia. Prehistoria
O altiplano armenio mostra pegadas de asentamentos da época neolítica. Os arqueólogos refírense á cultura Shulaveri-Shomu da rexión de Transcaucasia central como a primeira cultura coñecida na zona, datada aproximadamente entre o -6000 e o -4000
Idade de Bronce Outra cultura primitiva foi a chamada cultura Kura-Araxes, asignada ao período -4000 - -2200, e máis tarde desenvolta na cultura Trialeti (-2200 - -1500).
Entre os anos -1500 e -1200, a cultura Hayasa-Azzi existía na metade occidental da Altiplanicie armenia, con frecuentes enfrontamentos co Imperio hitita. Entre o -1200 e o ano -800, a maior parte de Armenia foi unida baixo unha confederación de reinos, que as fontes asirias chamaron Nairi ("terra dos ríos", en asirio).
Idade de Ferro miniatura|250px|esquerda|O reino de Urartu na época de Sarduris II no ano -743 O Reino de Urartu floreceu no Cáucaso e a parte oriental de Asia Menor entre o século -XIX e o -585 no Altiplano Armenio. O fundador do Reino de Urartu, Aramé, uniu todos os principados do altiplano armenio e outorgouse a si mesmo o título de "Rei de Reis", título tradicional dos reis urartios. Os urartios estabeleceron a súa soberanía sobre a totalidade de Taron e Vaspurakan. O principal rival de Urartu foi o Imperio neo-asirio.
Durante o reinado de Sarduri I (-834--828), Urartu convertérase nun estado forte e organizado, e imponse impostos ás tribos veciñas. Sarduri fixo da cidade de Tushpa (a moderna Van) capital de Urartu. O seu fillo, Ishpuinis, estendeu as fronteiras do estado polo que logo sería coñecida como a zona de Tigranocerta e Urmia. O rei Menuas (-810--785) estendeu o territorio urartián cara ao norte, cara aos campos de Araratian. Deixou máis de 90 inscricións empregando a escritura cuneiforme mesopotámica escritas na lingua urartiana. Outro rei, Argishtis I de Urartu, conquistou Latakia aos hititas, e chegou a Biblos, Fenicia, construíndo Erebuni no ano -782 usando os prisioneiros de guerra.
O Imperio Asirio invadiu máis tarde Urartu, no ano -612, e fíxose cargo da capital, Van, cara ao -585. Este feito rematou de xeito efectivo coa soberanía de Urartu.
Idade Antiga miniatura|260px|dereita|Cáucaso antiga
Logo da caída de Urartu, o Reino de Armenia foi gobernado pola dinastía Oróntida, que goberna o estado entre os anos -585 e -190 Baixo esta dinastía, Armenia foi ás veces un estado independente, e outras unha satrapía do Imperio Persa.
Dinastía Artáxida Despois da destrución do Imperio selxúcida, un estado grego helenístico sucesor de Alexandre o Grande de curta duración, foi fundado un estado armenio de corte helenístico en -190 Os primeiros reis foron artáxidas, dinastía fundada por Artaxias I (-190/-189 - -160/159). Ao mesmo tempo, creouse un reino divido e independente en Occidente, coñecido como Armenia Inferior, mentres que o principal reino adquiriu o nome da Grande Armenia.
Cos novos reis iniciouse un programa de expansión que ía chegar ao seu cénit un século máis tarde. As súas adquisicións son relatadas polo historiador grego Estrabón: Zariadris conquistou Acilisene e todo o «territorio arredor de Antitauros», é dicir, posibelmente o distrito de Muzur ao oeste do río Éufrates. Artaxias tomou terras dos medos, os iberos, e os sirios. A continuación, tivo enfrontamentos cos habitantes do Ponto, a Siria Seléucida e Capadocia. Foi incluído no tratado que seguiu á vitoria dun grupo de reis anatolios sobre Farnaces -181, que perdeu todos os seus territorios no oeste. Artaxias foi un monarca ambicioso con grande influencia na política internacional da época.
No seu cénit, entre o -9 e o ano -66, a Grande Armenia estendeu o seu imperio sobre partes da rexión do Cáucaso e a zona que agora é Turquía oriental e central, ademais do noroeste de Irán, Palestina, Siria e o Líbano, que forman o chamado Segundo Imperio Armenio. Por un tempo, Armenia foi un dos estados máis poderosos no Oriente romano.
O enfrontamento coa República Romana era inevitábel, e os armenios perderon a guerra no -66, pero conservando a súa soberanía. O rei Tigranes II o Grande seguiu a gobernar Armenia como aliado de Roma, até a súa morte no -55 Máis tarde, no ano 1, Armenia permanece baixo o control romano até que se estabelece a dinastía arsácida.
Durante a alianza con Roma, o pobo armenio adoptou ideas políticas, filosóficas e relixiosas occidentais. Segundo Estrabón, todo o mundo en Armenia fala «o mesmo idioma».Estrabón, Xeografía xi.14.4.
Dinastía arsácida de Armenia miniatura|230px|esquerda|Moeda emitida para celebrar a vitoria de Lucio Vero Arménico contra Vologases IV de Partia na guerra de Armenia.
Armenia, pola súa posición xeográfica, é a miúdo un foco da discordia entre Roma e Partia. De feito, os partos subxugaron Armenia entre os anos 37 e 47, cando os romanos retomaron o control do reino. Baixo a soberanía do emperador Nerón, os romanos emprenderon unha campaña (55-63) contra o Imperio parto, que invadira o reino aliado de Armenia. Logo de conquistar (ano 60) e de novo perder Armenia dous anos despois, os romanos enviaron lexións XV Apollinaris desde Pannonia a Gnaeus Domitius Corbulo, legado de Siria. Corbulo, coas lexións XV Apollinaris, III Gallica, V Macedonica, X Fretensis e XXII, invadiu os territorios de Vologases I de Partia, que devolveu o reino armenio a Tiridates, fundador da dinastía arsácida.
Outra campaña foi dirixida polo emperador Lucio Vero entre os anos 162 e 165, despois de que Vologases IV de Partia invadise Armenia e instalase ao seu fiscal xeral no trono. Para contrarrestar a ameaza parta, Vero estableceuse polo leste. O seu exército obtivo importantes vitorias e retomaron a capital. Sohaemus, un cidadán romano de ascendencia armenia, foi instalado como o novo rei de Armenia, súbdito de Roma.
O Imperio Sasánida persa ocupou Armenia no 252 e a mantivo no seu poder até a reconquista romana do 287. Un século despois, no ano 387, o reino dividiuse entre o Imperio Romano Oriental e o persa. A Armenia occidental converteuse pronto nunha provincia do Imperio Romano, baixo o nome de Armenia Menor. A Armenia oriental seguirá a ser un reino de Persia até o 428, cando a nobreza local derrocou ao rei, e os sasánidas instalaron un gobernador no seu lugar.
Segundo a tradición, a igrexa apostólica armenia foi fundada por dous dos doce apóstolos de Xesús, Tadeu e Bartolomeu, que predicaron o cristianismo en Armenia entre os anos 40 e 60 Entre o século I e o IV, a Igrexa armenia foi dirixida polos chamados patriarcas.
Cristianización baixo a dinastía Arsácida miniatura|dereita|Mosaico na igrexa de Pammacaristos de Istanbul que representa a san Gregorio o iluminador.
En 301, Armenia converteuse na primeira nación que adoptou o cristianismo como relixión de estado. Estableceuse unha igrexa que aínda existe con independencia da igrexa católica e a igrexa ortodoxa, ao rexeitar o Concilio de Calcedonia no ano 451. A igrexa apostólica armenia é unha parte da comuñón ortodoxa oriental.
O primeiro Catholicos da igrexa armenia foi San Gregorio o Iluminador que, logo de ser perseguido a causa das súas crenzas polo rei pagán de Armenia, e exiliado nun pozo de Khor Virap, obtivo o título de «Iluminador», ao evanxelizar toda Armenia, comezando polo rei que o condenara.
Durante os períodos históricos de perda de identidade territorial, a Igrexa armenia ten sido a encargada de preservar e protexer a súa identidade única.
Nos anos 405-406, o futuro político de Armenia parece ser incerto. Coa axuda do rei de Armenia, Mesrop Mashtots inventou un alfabeto único para adaptarse ás necesidades da poboación. Ao facelo, iniciouse unha nova Idade de ouro de fornecemento da identidade e pertenza nacional armenia.
No século V, o Xa sasánida Iazdeguerd II tratou de vencellar a cristiá Armenia ao resto do imperio mediante a imposición da relixión zoroástrica. Os armenios rebeláronse guiados por Vartan Mamikonian. Iazdeguerd enviou o seu enorme exército a Armenia, onde se enfrontou na batalla de Avarayr cuns 66.000 rebeldes armenios, na súa maior parte campesiños. Mamikonian morreu no campo de batalla provocando o derrubamento da moral armenia, sen ningunha posibilidade contra un exército composto por entre 180.000 e 220.000 soldados, incluíndo inmortais e elefantes de guerra.
Malia ser unha derrota militar, a batalla de Avarayr e a posterior guerra de guerrillas en Armenia finalmente desembocaron no Tratado de Nvarsak (484), que garantiu a liberdade relixiosa aos armenios.
Idade Media Imperio Bizantino e Armenia bagrátida
Reino armenio de Cilicia
Para escapar da morte ou da servidume a mans dos que asasinaran o seu parente Gagik II, rei de Ani, un armenio chamado Roupen, con algúns dos seus compatriotas entraron nas gargantas dos montes Tauros e logo en Tarso de Cilicia. O gobernador bizantino do lugar deulles refuxio e así, desde o 1080 ata o 1375, o foco do nacionalismo armenio desprazouse cara ao sur, formando o Reino armenio de Cilicia.