miniatura|250px|Tortilla de Laro.

A Romaría da Tortilla é unha festa gastronómica na que se exalta a tortilla de patacas. No ano 2013, foi declarada festa de interese turísticoNoticia na web de turismo do concello.

Ten lugar cada ano na parroquia de Laro no concello de Silleda. Celébrase o venres da primeira fin de semana de agosto desde 1989. A Romaría é moi popular pola zona da comarca do Deza e arredores, e reúne ao redor de 10.000 persoas todos os anos"Cortegada e Laro exaltan o bo comer", artigo de M. Garabantes en La Voz de Galicia, 12 de xullo de 2009.

Organización A noite da romaría empeza sobre as 8 do serán, momento no que a asistencia de xente é xa moi elevada. Horas máis tarde ten lugar o pregón, a cargo dun persoeiro. Rematado o discurso de exaltación do produto, comezan as distintas charangas e grupos musicais e percorrer metodicamente a carballeira, enchendo de son cada un dos seus recunchos.

Como vén sendo habitual dende fai anos, os veciños da parroquia elaboran tortillas, o mesmo día da romaría, e logo repártense entre os asistentes. A comisión de festas pon a disposición do público a carballeira, onde cada quen instala a súa mesa para cear. O viño é gratuíto, pedíndose como único requisito que se colabore coa festa mercando unha xarra co logotipo da edición da romaría.

Existe un servizo de autobuses, con saída e retorno dende varios puntos.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina con información sobre a festa

Categoría:Silleda Tortilla Categoría:Festas de interese turístico de Galicia