O Barco Museo Boniteiro Reina del Carmen é un barco museo atracado no porto de Burela. Coa súa recuperación e reconversión en museo, o concello de Burela dotaba a vila dun atractivo turístico, ao mesmo tempo que recuperaba unha parte da historia máis recente da localidade e rendía unha merecida homenaxe á xente do mar.

Descrición do barco Con 25 metros de eslora, o casco do barco foi contruído de distintas madeiras como carballo ou eucalipto para as cadernas e quilla respectivamente.

Historia Construído en 1967, saíu por primeira vez do porto de Burela o 27 de xuño de 1968 para realizar a costeira do bonito do norte. Durante a súa longa vida, dedicouse á pesca de peixe espada, pescada ou bocareu. A súa última singradura realizouna desde o porto de Santander a Burela o 27 de setembro de 1998.

Véxase tamén Ligazóns externas https://museos.xunta.gal/gl/barco-boniteiro http://www.burela.org/barcomuseo/principal.html https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/31646/barco-museo-boniteiro-reina-del-carmen

Categoría:Museos da provincia de Lugo Categoría:Barcos de pesca Categoría:Burela Categoría:Barcos de 1967 Categoría:Buques museo