En álxebra abstracta, unha estrutura alxébrica é unha reunión dun conxunto E e dun número finito de operacións, internas ou externas, definidas nel. O conxunto E chámase soporte da estrutura e un mesmo soporte pode formar diversas estruturas.

Para representar abreviadamente unha estrutura, escríbese entre paréntese a letra que indica o conxunto de soporte e os signos das operacións. Por exemplo: (E , + , * , .K) describe unha estrutura que ten un soporte E e as operacións internas (+) e (*), e a externa (.) con dominio de operadores K.

Principais estruturas alxébricas As distintas estruturas alxébricas clasifícanse segundo as propiedades que cumpren as operacións sobre un conxunto determinado. Semigrupo Monoide Grupo Grupo abeliano Anel Corpo Módulo Espazo vectorial Sistema numérico (Non confundir con sistema de numeración)

Notas

Categoría:Álxebra abstracta