Gliwice é unha cidade da Silesia, no sur de Polonia. Sobre a ribeira do río Kłodnica e a 20 km ao oeste de Katowice sitúase preto da fronteira con Chequia e Eslovaquia. No ano 2004 tiña 200.361 habitantes.
Historia e características Gliwice é unha das principais cidades da Unión Metropolitana de Alta Silesia (Górnośląski Związek Metropolitalny), o maior continuo urbano de Polonia (3 487 000 habitantes). Conta cunha importante universidade (Silesian University of Technology/Politechnika Śląska) porto fluvial e unha destacada industria (automoción, carbón...)
Ata a reforma administrativa realizada en Polonia no 1.999 Gliwice pertencía ao Voivodato de Katowice, desde entón constitúe un dos 17 distritos da Voivodía da Silesia.
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial (en polaco) Páxina da Universidade (en polaco)