O milímetro é unha unidade de lonxitude equivalente á milésima parte dun metro, abreviado mm.

1 mm = 10-3 m

En fabricación mecánica os planos construtivos das pezas que se mecanizan van acoutados en milímetros, e a tolerancia das cotas exprésanse en décimas, centésimas ou milésimas de milímetro. O milímetro é a unidade de medida para as precipitacións. Aínda que a chuvia medida corresponde a unha unidade de volume e non de lonxitude, a expresión desta medida baséase na cantidade de chuvia caída nunhna superficie dun metro cadrado. A altura dese volume corresponde á medición da precipitación en milímetros, é dicir, 1 mm de precipitacións significa que nunha superficie dun metro cadrado caeu un litro de auga de chuvia.

Outras equivalencias 1 mm = 1000 µm

Véxase tamén Outros artigos Unidades básicas do SI Unidades derivadas do SI Lista completa dos prefixos do SI

Ligazóns externas Conversor de Unidades Potencias de 10, en inglés, un gráfico animado que comeza cunha vista da Vía Láctea a 1023 metros e remata con partículas subatómicas a 10−16 metros.

Categoría:Unidades de lonxitude