San Martiño de Araúxo é unha parroquia do concello de Lobios, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 185 habitantes, dos cales 90 eran homes e 95 mulleres.

Araúxo na literatura popular Fun ó San Lorenzo ás Quintas/ i a Santa Eufemia a Parada:/ as mociñas de Requeixo/ son as que botan a vaia Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 85). Botar a vaia é botar un desafío. As Quintas será o lugar da parroquia e concello de Lobeira, aínda que hai máis; Santa Eufemia de Parada é unha parroquia do mesmo concello; Requeixo pode ser lugar de San Mamede de Grou ou de Araúxo, dúas parroquias do concello de Lobios.. Niste lugar 'de la Vila'/ non hai moza que apareza:/ quedou Rosa da Fachesa/ cun penedo na cabeza Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 108. Pode tratarse da Vila, lugar da parroquia de San Vicente de Lobeira, ou da Vila, lugar da parroquia de San Martiño de Araúxo (concello de Lobios); Xaquín Lorenzo non se decanta por ningún dos dous lugares.. Niste lugar 'de la Vila'/ non hai mozas que rondar;/ hai unhas poliñas novas,/ mozos, deixalas criar Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 108..

Lugares e parroquias Lugares de San Martiño de Araúxo

Parroquias de Lobios

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Lobios Os Araúxo

Categoría:Parroquias de Lobios Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Martiño