A historia do Brasil abrangue a historia do Brasil e a dos seus estados antedecesores. Adoita dividirse en catro períodos xerais: o Predescobrimento (até 1500), a Colonia (1500 a 1822), o Imperio (1822 a 1889) e República (de 1889 á actualidade).
Prehistoria Entre as hipóteses máis aceptadas para a colonización das Américas está a que establece que a migración principal foi a de elementos mongoloides de Asia en vagas sucesivas, a través do estreito de Bering. Admítese tamén unha inmigración menor, equivalente a 1 - 2% que viría de Melanesia ou Sueste Asiático a través do Océano Pacífico.
Supoñendo a marcha de 1 km/ano, para saír de Alasca e chegar a Santarén (PA), no Brasil, terían que percorrer unha distancia aproximada de 20 000 km, levando polo menos 20 000 anos no traxecto.
Sitios arqueolóxicos brasileiros moi antigos foron atopados dende San Raimundo Nonato no Piauí (de hai aproximadamente 42 000 anos) até a rexión dos pampas (con máis de 10 000 anos). Nesa última rexión xa foron mesmo achados fragmentos de ósos dun Megaterio, con aparentes marcas da acción humana.
Na América do Norte existen evidencias máis concretas do contacto destes primeiros habitantes americanos coa paleofauna da rexión, como as puntas de frechas de Clóvis e de Folson (nos Estados Unidos), datadas hai uns 17 000 anos.
A aparente contradición entre a data de migración pola Berinxia e a idade do home máis vello na América do Sur remítenos ás hipóteses dunha extensión do poboamento a partir das illas do Pacífico, talvez vidos de África, ou a erros técnicos de datación do material do Piauí. Aínda, no Brasil, ademais dos restos do Piauí, hai tamén un antiquísimo conxunto atopado na rexión de Lagoa Santa (Minas Xerais), posiblemente os representantes do antigo grupo lingüístico do país -Macro Gê-, cuxos descendentes máis próximos hoxe serían os indios cariris e botocudos.
Unha descuberta interesante dese posible contacto son os deseños/debuxos da Toca do Boqueirón, no Sítio da Pedra Furada, tamén no Piauí, que parece representar unha escena de ataque dos terríbeis felinos que xa habitaran o continente suramericano.
A concepción dos actuais indios que habitan a rexión nordeste do país por exemplo dos cariris, a pesar de estar bastante modificada, aínda pode constituírse nun elemento útil para descifrarmos esas representacións como unha estratexia conxectural. Unha interpretación sobre os deseños/debuxos da figura humana deses pobos revela unha sorprendente complexidade que pode moi ben corresponder a un mapa das sensacións corporais e/ou unha concepción de corpo e espírito. Os encantados son descritos polos cariris en xeral como homes descomunais, feroces e implacábeis, de facción ruda e ollos esbugallados, verdadeiramente aterrecedores, segundo o antropólogo Nascimento, que estudou na súa tese para Mestrado na Universidade Federal de Baía os rituais e identificación étnica dos indios do nordeste, en partir as concepcións dun grupo actual, os cariris de Mirandela (BA) en 1994.
Segundo ese autor, tamén caracterizan o "xentío bravo" ou seus antepasados que aínda viven no mato.
Idade Moderna
A chegada dos europeos miniatura|dereita|Mapa do Brasil no século XVI O Brasil foi coñecido polos europeos en 1500 cando Pedro Álvares Cabral, un navegante portugués, supostamente estaba procurando un novo camiño para as Indias. En 1822, libertouse do dominio da coroa portuguesa e pasou a ser un imperio até ó ano de 1889, en que Don Pedro II, último emperador do Brasil, foi deposto e foi declarada a república. Do ano de 1964 ata 1984, o Brasil foi gobernado por unha ditadura militar e, actualmente, é novamente unha república democrática.
Período Pre-Descubrimento O Brasil, cando foi descuberto polos europeos en 1500, estaba habitado por millóns de indios, que habitaban o país do norte ó sur. A poboación amerindia brasileira estaba dividida en grandes nacións indíxenas, de varios grupos étnicos. Destácanse os grupos guaraní, tupiniquins e tupinambas.
Do lado europeo, a descuberta do Brasil foi simultaneada con varios Tratados entre Portugal e España, establecendo límites e dividindo o mundo, descuberto e por descubrir.
Destes, o Tratado de Tordesillas (1494) é, de lonxe, o máis importante, por definir a porción que correspondía a Portugal do Brasil durante boa parte do período en que o mesmo foi colonia portuguesa. Establecía este tratado as terras que, ó leste do Meridiano de Tordesillas, serían posesión do rei de Portugal. Este meridiano pasaba a 370 légoas mariñas a oeste de Cabo Verde.
Descubrimento Pedro Álvares Cabral era o capitán da escuadra que partiu de Portugal a procura dun camiño seguro para as Indias, contornando África. A certa altura da viaxe, tendo pasado xa as Illas Canarias, a frota de Cabral desvíase para oeste, co pretexto de desviarse dunha parte do océano Atlántico coñecido polas calmas, ou ausencia de vento. Existe algunha controversia sobre o motivo real do desvío para Oeste, unha vez que algunhas fontes suxiren evidencias de que os portugueses xa terían vido ó Brasil polo menos catro anos antes.
Unha pequena rectificación: Pedro Álvares Cabral non procuraba un camiño seguro para a India, porque este xa era coñecido, tendo sido percorrido pouco antes pola armada de [Vasco da Gama]. A frota de Cabral desviouse para Oeste para fuxir da corrente ascendente do golfo de Guinea. Aliás, seria exactamente ese gran desvío que os navios estaban obrigados a facer que tería dado aos navegadores os indicios da existencia de terra naquela dirección. É hoxe case certo que a frota de Cabral tiña como incumbencia primordial localizar esa terra e reclamala para a coroa portuguesa ao abrigo do tratado de Tordesillas. Dase como unha das probas diso mesmo o feito dun dos navíos ter regresado de inmediato para dar a novidade ao Rei, en tanto que os restantes seguían para a India; ben como o feito de seguir un home na frota, Pero Vaz de Caminha coa misión de elaborar unha descrición detallada da terra descuberta, a Carta do Achamento do Brasil.
De calquera xeito, o 22 de abril Pedro Álvares Cabral nomeou como Illa de Vera Cruz a terra que tiña descuberto, pois pensou tratarse dunha illa. O local en que Cabral aportou é coñecido como Porto Seguro, en Bahia.
No ano de 1501, unha nova expedición atopou como recurso explorable apenas o pau-brasil, madeira vermella moi requirida na época, o que tamén deu o nome ao Brasil. No 1503 houbo nova expedición, desta vez comandada por Gonzalo Coelho, mais non houbo ningún asentamento portugués.
En 1530 foi enviada ó Brasil a expedición de Martim Afonso de Souza, cos obxectivos de explorar a costa, expulsar os franceses e establecer núcleos de colonización. Foron fundados por esta expedición os núcleos de San Vicente e São Paulo.
Colonia A coroa portuguesa recoñeceu que non posuía recursos para administrar o Brasil e estabelece o sistema de Capitanías Hereditárias, unha división de lotes do Brasil, que foron doados a quen tivera interese en investir e administrar os mesmos. Das 15 capitanías orixinais, apenas as capitanías de Pernambuco e São Vicente prosperaron.
No período colonial, o Brasil sofre invasións francesas e neerlandesas que foron derrotadas após loitas (véxase invasións holandesas no Brasil e invasións francesas no Brasil).
Idade Contemporánea
Reino Unido a Portugal No 1808 as tropas de Napoleón Bonaparte obrigaron á coroa portuguesa a procurar abrigo no Brasil. Coa chegada de D. João VI a Río de Xaneiro, o Brasil é elevado á condición de Reino Unido de Portugal e Algarves. Os portos brasileiros son abertos as nacións amigas, e unha serie de melloras foron introducidas no Brasil, como a Imprensa Nacional. Tamén a elección de representantes brasileiros para as Cortes Constitucionais Portuguesas. É desta época a fundación do Banco do Brasil.miniatura|dereita|Cadro de François-René Moreaux (1844)) sobre a independencia do Brasil. miniatura|dereita|Pedro I Primeiro Imperio Tras a declaración da independencia, o Brasil foi gobernado por Don Pedro I ata o ano de 1831, cando foi forzado a abdicar en favor do seu fillo, D. Pedro II, entón con 5 anos.
Período Rexencial
Durante o período de 1831 a 1840, o Brasil foi gobernado por diversos rexentes, encargados de administrar o país entanto o herdeiro do trono, D. Pedro II, aínda era menor.
Destácanse neste período a inestabilidade política e a actuación do titor Xosé Bonifácio, que garantiu o trono para D. Pedro II.
Iniciouse neste período a Revolución Farroupilla, na que os gauchos revoltáronse contra a política interna do Imperio, e declararon a República Piratini.
Segundo Imperio miniatura|dereita|Pedro II O Segundo Imperio ten inicio co Golpe da Maioridade. A partir do mesmo, o Brasil é gobernado por D. Pedro II, coa axuda de José Bonifácio.
Este período destácase por varios eventos importantes. En 1845 a Revolución Farroupilla foi cerrada, coa sinatura do Tratado de Ponche Verde. Outro evento importante, que acabou custando o trono á familia de D. Pedro II, foi a abolición da escravitude.
Liberación dos escravos
O 28 de setembro de 1871 o Parlamento Brasileiro aprobou e a Princesa Isabel, na época rexente do Brasil, asinou, a Lei do Ventre Livre, que determinaba que, a partir daquel momento, todos os fillos de escravos eran considerados libres.
O 13 de maio de 1871, a Princesa Isabel asinou a Lei Áurea, que xa fora aprobada polo Parlamento, abolindo toda forma de escravitude no Brasil. O Brasil foi o último país das Américas a abolir a escravitude.
A abolición da escravitude desagradou ás oligarquías rurais, que pasaron a apoiar con máis empeño o movemento republicano, entón en plena acción. República Vella O 15 de novembro de 1889, o Mariscal Deodoro da Fonseca declarou o fin do período imperial e o inicio do período republicano, destituíndo o último emperador brasileiro, D. Pedro II, que tivo que partir ó exilio a Europa.
Os presidentes que seguiron son:
1889 - Goberno temporal do Mar. Deodoro da Fonseca. 1891 - Elixido o Mar. Deodoro da Fonseca. Seu vicepresidente é o Mar. Floriano Peixoto. 1894 - Prudente José de Morais e Barros. 1898 - Manuel Ferraz de Campos Sales. 1902 - Francisco de Paula Rodrigues Alves. 1906 - Afonso Augusto Moreira Pena (morreu durante o mandato). 1906 - Nilo Pecanha (vice de Afonso Pena, asumiu no seu lugar). 1910 - Mar. Hermes Rodrigues da Fonseca. 1914 - Venceslau Bras Pereira Gomes. 1918 - Francisco de Paula Rodrigues Alves (morreu antes de asumir). 1918 - Delfim Moreira da Costa Ribeiro (vice de Francisco Alves, asumiu no seu lugar). 1919 - Epitácio da Silva Pessoa. 1922 - Arthur da Silva Bernardes. 1926 - Washington Luis Pereira de Souza (deposto pola revolución de 1930). 1930 - Xunta de Goberno - Gal. Augusto Tasso Fragoso, Gal. Joao de Deus Mena Barreto, Alm. Isaías de Noronha.
Século XX
Ditadura do Estado Novo
No 1930, a Xunta de Goberno foi substituída por Getúlio Dorneles Vargas, como Presidente do Goberno Provisorio. Foi elixido presidente pola Asemblea Constituínte. En 1937 creou o Estado Novo, e foi presidente ata 1945, cando foi deposto.
Segundo Período Democrático Este período iníciase coa renuncia de Getúlio Vargas, en outubro de 1945. O seu vicepresidente, o General Eurico Gaspar Dutra, é o próximo presidente elixido. En 1946 é promulgada unha nova Constitución, máis democrática que a anterior, restaurando dereitos individuais.
En 1950, Getúlio Vargas é elixido Presidente, novamente. Durante o seu goberno creouse Petrobrás. No 1954, Getúlio Vargas suicídase, e Juscelino Kubitschek é elixido o presidente o ano seguinte.
No 1960, Kubitschek inaugura Brasilia, a nova capital do Brasil.