El espíritu de Lúgubre é un grupo castelán-leonés de música folk, creado no ano 1998. Autodenomínanse folk ficticio, posto que os seus temas non se caracterizan por seren vellos, senón novos con sabor a vello. Trátase dunha proposta de reinvención do folk ibérico.

No 2006 formaron parte do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira. No 2012 publican o seu primeiro e único disco, Viaje iniciático al folk ficticio e no mesmo ano o grupo separouse.

Membros

Silverio Cavia (Silberius_de_Ura, Neonymus): compositor, acordeón, trikitixa Miguel Ángel Azofra: guitarra acústica (6 e 12 cordas) Joaquín García: contrabaixo, stick Mario Mayoral: caixón flamenco, darbouka Julián García: frautas, gaitas, pandeiretas

Discografía

Viaje iniciático al folk ficticio, 2012

Ligazóns externas

Espiritu de lugubre Espiritu de lugubre Categoría:Participantes do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira