miniatura|300px|Unha das miniaturas do Cancioneiro da Ajuda, onde se ve unha soldadeira danzando e tocando o pandeiro. María Balteira, ou María Peres, a Balteira, nada en Armea (Coirós) no século XIII, foi unha soldadeira"Muller que bailaba e realizaba exercicios ximnásticos durante a actuación de xograres ou trobadores. ; "Mulher de vida airada, cantora e bailarina." Vocabulario das Cantigas de escarnho e de mal dizer. M. Rodrigues Lapa. galega.

Traxectoria O que se coñece da súa vida sábese principalmente por un documento asinado co mosteiro de Sobrado en 1257.

Era filla de Pedro Eanes de Guimaráns e de Azenda Peláez. Chegou a mercar unha bula de cruzada en Toledo para que as súas propiedades non se visen afectadas mentres traballaba fóra.

No contrato que asinou vendía ao mosteiro a súa herdade en Armea, a cambio de protección. Recibiu do abade 230 soldos, amais de diversas cantidades de alimentos e tecidos que recibiría anualmente. Ela pola súa parte daría ao mosteiro cada ano varios manteis. En contraprestación, María Balteira sería soterrada no mosteiro, e o seu corpo levado alí en ataúde con cobertor vermello,

Pegada na lírica medieval Parece que as soldadeiras formaban parte da tradición lírica medieval galego-portuguesa e que elas bailaban mentres os xograres cantaban,"A xulgar polas miniaturas do Cancioneiro da Ajuda, a soldadeira tiña un gran papel na execución da lírica galegoportuguesa". Menéndez Pidal Poesía árabe y poesía europea, 1941. célebre pola súa presenza en varias cantigas de escarnio e maldicir. Aínda que é pouco o que se sabe dela:

María frecuentou as cortes de Fernando III e Afonso X, até o punto de que este lle dedicou unha cantiga.:

Joan Rodríguiz foi osmar a Balteira sa midida, per que colha sa madeiraCantiga 11. Cantigas de escarnho e de mal dizer. M. Rodrigues Lapa

Debeu ser unha personaxe moi popular, pois é citada en 15 cantigas, a maioría dos Betanceiros, coma ela, Pero Garcia de Ambroa e Pedr´Amigo de Sevilla, pero tamén de Pero da Ponte.

Sería unha persoa moi supersticiosa:

María Balteira, que se quería ir já daqui, veo-me preguntar se sabia já quê d'agùirariaCantiga 331. Cantigas de escarnho e de mal dizer. M. Rodrigues Lapa Pedr'Amigo de Sevilha

afeccionada ao xogo:

María Balteira, por que jogades os dados, pois a eles descreedes?Cantiga 376. Cantigas de escarnho e de mal dizer. M. Rodrigues Lapa Pero García Burgalés Os beesteiros daquesta fronteira pero que cuidan que tiran mui ben quero lhis eu conselhar ûa ren; que non tiren con Maria BalteiraCantiga 315. Cantigas de escarnho e de mal dizer. M. Rodrigues Lapa Pedro de Ambroa

e de carácter licencioso: O que veer quiser, ai, cavaleiro, Maria Pérez, eve algun dinheiro; Senon, non poderá i adubar prol81. Lírica profana galego-potuguesa, Centro Ramón Piñeiro, 1996 Johan Vasquiz de Talaveira

pero fundamentalmente moi popular:

O que a Balteira ora quer vingar das desonras que no mundo prendeu se ben fezer non deva começar en mi, que ando por ela sandeuCantiga 337. Cantigas de escarnho e de mal dizer. M. Rodrigues Lapa

Pedro de Ambroa

Notas

Véxase tamén Bibliografía

(1897): "Una gallega célebre en el siglo XIII" en Revista Crítica de Historia y Literatura Españolas, Portuguesas e Hispanoamericanas, Madrid, pp. 298–304. (1995): Cantigas de escarnho e de mal dizer dos cancioneiros medievais galego-portugueses. Edição crítica e vocabulário do prof. M. Rodrigues Lapa. Ediçoes João Sá da Costa. ISBN 972-9230-42-0 (2015): "A verdadeira cruzada de María Pérez Balteira", en C. Alvar (coord.). Estudios de literatura medieval en la Península Ibérica. San Millán de la Cogolla: Cilengua, pp. 1167–1182. Textos literarios sobre María Balteira

Outros artigos A soldadeira'', de Luís Seoane.

Ligazóns externas

Categoría:Personalidades da Idade Media de Galicia Categoría:Nados en Coirós Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido