San Amaro das Regadas é unha parroquia do concello de Beade, na provincia de Ourense. Segundo o IGE, en 2014 tiña 59 habitantes (29 homes e 30 mulleres) nun único núcleo de poboación.
Xeografía Situación A parroquia sitúase na estrema NW do concello de Beade. Limita polo oeste co concello de Carballeda de Avia (concretamente coa parroquia de Beiro), polo norte co concello de Leiro (parroquia de Berán), polo leste e polo sur co resto do propio concello de Beade, coa parroquia do mesmo nome.
Comunicacións A parroquia conéctase coas localidades da contorna sobre todo por medio de camiños e estradas locais. A OU-212 conecta As Regadas coa veciña Beade, así como cos núcleos de Berán e Beiro. A comarca conéctase co resto de Galicia a través de estradas como a A-52 ou a N-120.
Distancia a localidades próximas LocalidadeDistancia(km)Beade3Ribadavia5Beiro1,5Berán2,5
Demografía A poboación atópase repartida nun único núcleo de poboación do mesmo nome. Segundo o INE, a poboación das Regadas evolucionou do seguinte xeito. Dende o ano 2000, As Regadas perdeu un 24% da súa poboación, ascendendo esta en 2013 a un total de 60 veciños (31 homes e 29 mulleres). AnoHabitantesVariación200079200469-12,7%200865-5,8%201360-7,7%
Lugares e parroquias Lugares das Regadas
Parroquias de Beade
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Beade
Categoría:Parroquias de Beade Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santo Amaro