Joseph Guillemot, nado o 1 de outubro de 1899 en Le Daurat e finado o 9 de marzo de 1975 en París, foi un atleta francés, gañador do ouro olímpico na proba dos 5.000 metros e da medalla de prata nos 10.000 metros nos Antuerpen 1920. Traxectoria Nado en Le Daurat, Francia, os pulmóns de Joseph Guillemot ficaron seriamente danados por gas mostaza, cando loitou na primeira guerra mundial. Ademais o seu corazón estaba situado no lado dereito do seu peito. A pesar disto, Guillemot, un atleta de pequeno tamaño (160 cm, 54 quilos), pero cunha extraordinaria capacidade vital, gañou diversas competicións no seu país natal antes de chegar aos Xogos Olímpicos.

Nos Xogos Olímpicos de Antuerpen 1920, o favorito era o finlandés Paavo Nurmi. Na final dos 5.000 m, Nurmi ideara unha estratexia para esgotar aos perigosos suecos Eric Backman e Runar Falk na primeira parte do traxecto. Logo de tres voltas Nurmi pasa a liderar a carreira cun ritmo moi forte que só foi capaz de resistir Guillemot, que o segue de preto. Guillemot non se rende e Nurmi comeza a perder vantaxe. Na derradeira curva Guillemot adiántao pola banda exterior e Nurmi, non acostumado aos sprints finais réndese totalmente e chega á liña de meta catro segundos despois de Guillemot.

A final dos 10.000 m foi adiantada case tres horas a petición do rei Alberte I de Bélxica. Guillemot sóuboo logo de facer un gran almorzo. Loitando contra o seu estómago e as súas zapatillas dous números máis grandes (seica lle roubaron as súas), Guillemot tivo que conformarse con acadar a medalla de prata.

Despois dos Xogos, Guillemot gañou importantes competicións internacionais, pero non puido participar nos Xogos Olímpicos de París 1924, debido a desacordos entre el e a Unión Francesa de Atletismo.

Guillemot tamén bateu dous récords mundiais: en 2.000 m (5:34.8) e en 3.000 m (8:42.2).

Categoría:Atletas olímpicos de Francia Categoría:Fondistas Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por Francia Categoría:Medallistas olímpicos de prata por Francia Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1920 Categoría:Nados no departamento do Alto Vienne Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en 1975 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 1920 Categoría:Medallistas olímpicos en atletismo