O Ernst Happel Stadion é un estadio de fútbol localizado en Viena, Austria. É o maior estadio do país, con capacidade para 53.295 afeccionados sentados.

Inaugurado en 1931 co nome de Praterstadion, é a casa da Selección de fútbol de Austria e dos principais clubs do país en competicións europeas, o FK Austria de Viena e o Rapid Viena.

Aínda que non contaba cunha capacidade superior ás 50.000 persoas ata a Eurocopa de fútbol 2008, xa era considerado un Estádio 5 Estrelas pola UEFA.

Este estadio xa foi a sede de catro finais da Liga de Campións da UEFA nos anos 1964, 1987, 1990 e 1995 e será a sede da final da Eurocopa de fútbol 2008.

O nome do estadio é en homenaxe ó xogador e técnico austríaco Ernst Happel, zagueiro de Austria nos Mundiais de 1954 e 1958 e técnico dos Países Baixos no Mundial de 1978.

Finais da Liga de Campións da UEFA

1964: Inter de Milán 3 - 1 Real Madrid 1987: FC Porto 2 - 1 Bayern Munich 1990: AC Milan 1 - 0 SL Benfica 1995: Ajax 1 - 0 AC Milan

Encontros disputados na Eurocopa de 2008

Encontros do Grupo B

8 de xuño 0 1 12 de xuño 1 1 16 de xuño 0 1

Cuartos de final

20 de xuño 1 (1) 1 (3) 22 de xuño 0 (4) 0 (2)

Semifinal

26 de xuño 0 3

Final

29 de xuño 0 1

Véxase tamén Ligazóns externas Fotos do Ernst Happel Stadium en Viena Foto por Satélite - Google Maps

Ernst Happel Categoría:Estadios da Eurocopa de Fútbol de 2008