Cutián é un lugar da parroquia de San Xurxo de Sacos, no concello pontevedrés de Cerdedo Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 90 habitantes (45 homes e 45 mulleres), o que supón un descenso de 31 persoas respecto ó ano 2006. É o lugar máis habitado da parroquia.

Patrimonio Neste lugar está o petróglifo da Roda do Barral, cunha combinación circular da idade de bronce.

Tamén está aquí o cruceiro de San Martiño. A tradición conta que no seu lugar había unha igrexa parroquial, que abarcaría zonas da actual parroquia das As Fragas (O Campo Lameiro), ou un pequeno mosteiro ou priorado. Daquela construción teríase aproveitado a pedra para a fachada da igrexa parroquial das Fragas.

Tamén se conta do cruceiro que pouco antes da guerra civil española uns nenos romperon xogando un brazal, e que foi reparado por Américo Iglesias, veciño do lugar. Durante a guerra loitou na fronte de Teruel, regresando ileso, e morreu xa de vello á beira do cruceiro.

Ademais dese, está o cruceiro de Barral, posiblemente do século XVII, a xulgar pola feitura e por unha inscrición case ilexible.

Lugares e parroquias Lugares de San Xurxo de Sacos

Parroquias de Cerdedo Cotobade

Notas

Categoría:Lugares de Cerdedo Cotobade