Roberto Alonso Díaz, coñecido como Barbas, nado en Cienfuegos (Cuba) en 1913 e finado en 1948, foi un guerrilleiro galego antifranquista.
Traxectoria Fillo de pais galegos de Vilalba, naceu na emigración cubana en Cienfuegos. Retornou a Galicia e participou na Guerra Civil no bando republicano onde acadou o grao de sarxento. Botouse ao monte tras a caída do Fronte Norte en 1937 e organizou o seu propio grupo guerrilleiro con base na Serra de Meira e que actuaba entre Mondoñedo e Vilalba. Tiña como lugartenente a Perfecto Requeijo Rouco "O Tarrelo". Ambos acompañaron nalgunhas accións a Luís Trigo Chao "O Guardarríos". Do grupo tamén formaba parte José Díaz Yáñez, que foi capturado en 1946. Detido en Lugo, en xaneiro de 1948, sometérono a tortura para que revelase onde se agochaba a súa partida e logo matárono.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados na provincia de Cienfuegos Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en 1948 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes