A I Asemblea Nacionalista (daquela Asambleia nazonalista de Lugo), celebrada en Lugo entre o 17 e 18 de novembro de 1918 polas Irmandades da Fala, foi a histórica asemblea onde o galeguismo político deixa atrás o rexionalismo e avanza cara ao nacionalismo.
Historia e características Celebrouse no teatro Lugo-Salón, hoxe denominado Hotel Méndez Núñez. Contou coa asistencia de 63 persoas, a metade procedente da cidade da Coruña. Estiveron representadas 67 sociedades agrarias, cinco centros culturais, e mandaron a súa adhesión cinco federacións agrarias, once concellos, máis de 49 Asociacións e numerosas personalidades de Galicia. Da asemblea saíu o "Manifesto Nacionalista", que constituiría a base común de todos os programas do nacionalismo galego ata a guerra civil española. Nel defínese a Galicia como nación, reclámase a autonomía integral de Galicia e a cooficialidade do galego.
Manifesto da Asambleia nazonalista de Lugo O manifesto comezaba do seguinte xeito:
No manifesto publicado, aparecía ó remate o seguinte texto:
miniatura|Placa conmemorativa da Asemblea de Lugo (I Asemblea Nacionalista) na fachada do Hotel Méndez Núñez, na rúa da Raíña de Lugo. Os asinantes do manifesto foron os asembleístas: Antón Losada Diéguez, Vicente Risco, Arturo Noguerol, Xaime Quintanilla, Manuel Banet Fontenla, Ramón Cabanillas, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Gonzalo López Abente, Victoriano Taibo, V. Paratcha, Antón Villar Ponte, J. Ferreira, Lois Peña Novo, L. P. Carballa, X. Culebras, E. Bidegaín, Francisco Vázquez Enríquez, G. Cedrón, F. M. Balboa, Johán Vicente Viqueira, Roberto Blanco Torres, Rodríguez de Vicente, Ivo Fernández, Evaristo Correa Calderón, Ramón Villar Ponte, L. Ares, A. Ramos, S. Mosteiro, X. Ares, X. Peña, L. Briones, Díaz Varela, P. Peña Novo, Sánchez Taíz, X. Faraldo, V. Veiga, C. Monasterio, X. Sarmento, L. de Labra, Xosé Ramón Fernández-Oxea, C. García Colmelo, R. Gutiérrez, X. García Colmelo, F. Abelaira, Ánxel Casal, T. Rodríguez, F. Zamora, V. Maceiras, A. Martínez, I. Rodríguez, X. Robles, R. Carballal, R. Areses, Eugenio Charlón, Manuel Sánchez Hermida, T. Amador, M. Vázquez, B. Varela, I. A. Garaloces, X. Basteiro, Eduardo Lence-Santar Guitián, V. Casas e X. Monteiro Mejuto.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos II Asemblea Nacionalista.
Ligazóns externas
A I Asemblea nacionalista (XXIII) A I Asemblea nacionalista (XXIV) Comentarios á asemblea nacionalista (XXV) Comentarios á asemblea nacionalista 2 (XXVI)
Categoría:1918 en Galicia Categoría:Lugo Nacionalista I