miniatura|José González. Zelt-Musik-Festival 2017 Freiburg, Alemaña José Gabriel González, nado en Gotemburgo en xullo de 1978, é un cantante e compositor sueco de música indie/folk.
Traxectoria miniatura|José González, en agosto do 2006. José González é fillo de pais arxentinos emigrados a Suecia. Medrou escoitando música folk e pop latinoamericana, en especial a música protesta do cantautor cubano Silvio Rodríguez, o seu artista favorito.
José González cursou o doutoramento de investigación en Bioquímica na Universidade de Gotemburgo.
A primeira banda á que se uniu foi Back Against the Wall, que tocaba hardcore punk, influenciada por The Misfits, Black Flag e Dead Kennedys. Despois tocou o baixo en outra banda hardcore, Renascence, entre 1993 e 1998. Tras isto, entre 1997 e 1998, José tocou a guitarra coa banda emo rock Only If You Call Me Jonathan.
No 2003, puxo á venda o seu primeiro álbum, Veneer, en Europa. O álbum foi posteriormente posto á venda no Reino Unido, o 25 de abril do 2005, e nos Estados Unidos, o 6 de setembro dese mesmo ano.
O seu son característico é o solo de guitarra clásica combinado con melodías vocais suaves.
O seu segundo álbum, In Our Nature, foi posto á venda internacionalmente o 24 de setembro do 2007. O contido lírico do álbum foi en parte influenciado polas súas lecturas de libros como God Delusion (O espellismo de Deus) do biólogo evolucionista Richard Dawkins ou Practical Ethics do ético Peter Singer.
Discografía Álbums de estudio Álbum Ano Selo Veneer 2003 Imperial Recordings In Our Nature 2007 Imperial Recordings/Mute Records Vestiges & Claws 2015 Imperial Recordings/Mute Records Local Valley 2021 City Slang, Mute Records Against the Dying of the Light 2026 City Slang, Mute Records
EPs *Crosses EP(2003)*José González & Jens Lekman Split Tour Single(2003)*Remain EP(2004)*Stay In The Shade EP(2004)*Australian Tour EP(2005)*B-Sides Collected EP(2006)*3 EP Collection(2007)*José González & Promise and the Monster Split Tour Single(2007)
Sinxelos *Heartbeats(2006)*Laura, Laura(2006)*Crosses(2006)*"Hand On Your Heart(2006)*Down The Line(2007)*Killing For Love(2007)*Teardrop(2007)*Down The Line(2008)*Killing For Love(2008)
Véxase tamén Ligazóns externas Jose-González Páxina web oficial (en inglés)
Categoría:Cantautores Categoría:Nados en Gotemburgo Categoría:Nados en 1978