María Carmen González Quintela, nada en Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) en 1957, é unha política galega do PPdeG.
Traxectoria Estivo na oposición do concello de Carballeda de Valdeorras durante oito anos encabezando a candidatura do PSdeG-PSOE. En 1991 foi elixida alcaldesa como cabeza da lista máis votada. En 1995 revalidou a alcaldía con maioría absoluta, e foi designada deputada provincial. En setembro de 1997 abandonou o PSdeG xunto coa práctica totalidade do seu grupo de goberno, por mor das súas discrepancias coa dirección do partido sobre a elaboración das candidaturas para as eleccións autonómicas dese ano. Negouse a renunciar como deputada provincial, pese ás peticións dos seus excompañeiros, e pasou a formar parte do grupo mixto da Deputación.
Constituíu a formación independente Unión de Carballeda de Valdeorras, á fronte da cal revalidou a alcaldía en 1999, 2003 e 2007, en tódalas ocasións con maioría absoluta.
Nas municipais de 2011 encabezou a lista do PPdeG e volveu acada-la alcaldía con maioría absoluta. Volveu ser elixida alcaldesa con maioría absoluta polo PPdeG en 2015, 2019 e 2023. Nese último ano foi designada deputada provincial.La alcaldesa decana de Galicia revalida el cargo
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Carballeda de Valdeorras
Categoría:Alcaldes de Carballeda de Valdeorras Categoría:Alcaldes de Galicia de candidaturas independentes Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia
Categoría:Deputados provinciais de Ourense
Categoría:Nados en Carballeda de Valdeorras Categoría:Nados en 1957 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes