Almati (en kazako cirílico Алматы, en latino Almatı), a antiga Alma-Ata e ata 1921 Verny, é a principal cidade de Kazakhstán con 1 477 564 habitantes no 2013.
O nome significa das mazás por ser as maceiras orixinarias desta zona. En 1854 unha división de cosacos siberianos fundaron o forte Zailiysky preto da cordal de Tian Shan. Ao ano seguinte cambiouselle o nome a Verny. No terremoto de 1911 a cidade quedou desfeita, tan só a catedral ortodoxa se mantivo en pé.
En 1929 Almati converteuse na capital de Kazakhstán. En 1991, coa independencia de Kazakhstán, converteuse na capital dese estado ata 1998, no que se transladou a Astana.
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial de Almati
Categoría:Cidades de Kazakhstán