Horatio Alger, nado en Chelsea (Massachusetts) o 13 de xaneiro de 1832 e finado en Natick (Massachusetts) o 18 de xullo de 1899, foi un escritor estadounidense.
Traxectoria Fillo dun pastor unitarista que quería que o seu fillo seguise os seus pasos no sacerdocio,Hoyt (1974), pp. 7-9 Alger estudou en Harvard, onde foi discípulo do poeta Wadsworth Longfellow. Despois de se graduar traballou como xornalista e mestre de escola. Rexeitado para o servizo militar por asma, fixo unha viaxe a Europa, onde decidiu seguir os pasos do seu pai e entrar no ministerio, nomeado pastor dunha igrexa da rexión do Cabo Cop, en 1866 trasládase a Nova York oficialmente para favorecer a súa carreira de escritor, aínda que os arquivos da igrexa suxire que dimitiu por casos de pederastia.
En 1867 escribiu o seu primeiro libro Ragged Dick, foi un completo éxito, ao que lle seguiron outros do mesmo tema como Luck and Pluck (1869) e Tattered Tom (1871).
Autor de máis de 130 novelas baratas nas que describe as reviravoltas de rapaces que fan realidade o soño americano a través do traballo duro, fachenda, determinación e axuda aos demais. As súas novelas son repetitivas e de escasa calidade técnica, malia iso foron moi populares na súa época, rivalizando cos escritos por Mark Twain, cada novela segue o mesmo esquema, un rapaz traballa duro para fuxir da pobreza, pero non é ese traballo de seu o que lle dá a fortuna, máis ben é un acto extraordinario de honestidade ou valor que o pon en contacto cun vello cabaleiro rico que o colle baixo a súa protección.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Obras de Alger no Proxecto Gutenberg Sociedade Horatio Alger
Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Chelsea, Massachusetts Categoría:Nados en 1832 Categoría:Finados en 1899