dereita|miniatura|Campo de fútbol do Pichón.

Santa Mariña de Muimenta é unha parroquia do concello de Cospeito na comarca da Terra Chá. En 2011 tiña 840 habitantes repartidos en 15 km² (56 hab/km²), o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 953 habitantes.

Lecer A vila de Muimenta conta cunha extensa praia fluvial na beira do río Miño cunha ampla zona recreativa e numerosos carballos e árbores autóctonas que percorren as beiras do río, a parte de ter un antigo muíño de pedra, ao que poderás acceder mediante unhas pontes artesás de madeira.

Aquí celébrase o 1 de maio a festa da filloa de Muimenta, declarada de interese turístico pola Xunta de Galicia.

Deportes O equipo de fútbol SD Muimenta que logrou o ascenso a 1ª Rexional na tempada 2006/2007. O seu campo é O Pichón. A SD Muimenta conta cun club de tenis que xoga no campionato galego por equipos federado. Neste club organízase todos os anos polo verán o torneo de tenis Open Hermo.

Lugares e parroquias Lugares de Muimenta

Parroquias de Cospeito

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Cospeito Ligazóns externas A parroquia de Muimenta na web do concello de Cospeito

Categoría:Parroquias de Cospeito Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Mariña