Alessandria (Lissändria, en piemontés) é unha cidade do Piemonte, Italia, capital da Provincia de Alessandria. Centro ferroviario e industrial a carón do río Tanaro. No ano 2001 tiña 82.201 habitantes. Umberto Eco naceu na cidade.

Historia Fundada sobre un núclo urbano xa existente pola iniciativa da Liga Lombarda, como fortaleza antiimperial na fronteira do marquesado de Monferrato, principal aliado de Barbarossa, leva o nome actual dende o ano 1168 en honra do papa Alexandre III. Entre 1174 e 1175 foi asediada polos imperiais que non conseguiron vencela. Dende o 1198 é unha comuna libre, tivo constantes enfrontamentos coas comunas veciñas, en especial Asti.

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina web oficial da cidade

Categoría:Cidades de Italia Categoría:Concellos da provincia de Alessandria