Manuel Santos Estévez, nado en Vigo o 13 de xullo de 1968, é un arqueólogo galego, especialista en arte rupestre.
Traxectoria En 2004 obtivo o doutoramento en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Dende 1995 é investigador do Laboratorio de Arqueoloxía do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e entre 2009 e 2012 traballou no Instituto de Historia do CSIC en Madrid. Posteriormente, entre 2014 e 2020 foi investigador Post doutoral na Universidade do Minho (Portugal) e dende 2022 forma parte do Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT - CSIC) en Santiago de Compostela.
Entre os seus traballos máis destacados está a dirección dos traballos arqueolóxicos no Campo Lameiro, onde se levaron a cabo, prospeccións arqueolóxicas, documentación e escavacións no contorno de gravados rupestres.
As súas investigacións e publicación versan, fundamentalmente, en torno á arte rupestre, escultura da Idade do Ferro e sobre santuarios protohistóricos.
Obra Santuarios de la Galicia Céltica (Abada, 2008|; con M. García Quintela) Petroglifos y paisaje social en la prehistoria reciente del noroeste de la Península Ibérica (Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento - CSIC, 2008) Búrbida. As orixes de Vigo (Toxosoutos, 2020) O Santuario de Laxe dos Bolos. Cando o Sol Alumea a Vella Montaña. (Concello de Caldas de Reis 2023, con Elena Cabrejas Domínguez)
Categoría:Arqueólogos de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1968 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes