O 23 de agosto e o 235º día do ano do calendario gregoriano e o 236º nos anos bisestos. Quedan 130 días para finalizar o ano.

Acontecementos 79 - Comeza a erupción do Monte Vesuvio, que sepulta Pompeia e Herculano o día seguinte. 406 - Radagaiso é executado despois de ser derrotado polas tropas romanas comandadas por Estilicón. 775 - Redacción do Celeiro, documento do rei Silo, o máis antigo en pergamiño que se conserva na Península Ibérica. 1244 - Xerusalén, apenas defendida, é tomada polo sultán de Exipto, ficando definitivamente perdida para os cristiáns. 1328 - Batalla de Kassel: tropas francesas abortan unha sublevación de campesiños flamengos. 1566 - Os Países Baixos recoñecen os dereitos dos calvinistas. 1614 - Fundación da Universidade de Groningen, Países Baixos. 1617 - En Londres, institúese por vez primeira a rúa de sentido único. 1914 - Primeira guerra mundial: O Xapón únese ao bando aliado e declara a guerra a Alemaña. 1923 - Únense os equipos de fútbol vigueses Real Vigo Sporting Club e o Real Club Fortuna de Vigo dando lugar ao Celta. 1927 - Executan os anarquistas italo-americanos Sacco e Vanzetti.

1937 - Asasinados en Montecubeiro 14 republicanos.

1939 - Alemaña e a Unión Soviética asinan un pacto de non-agresión, o denominado Pacto Molotov-Ribbentrop. Nunha cláusula secreta adxunta ambos estados repártense os países bálticos, Finlandia e Polonia.

1940 - Os alemáns comezan o bombardeo de Londres. 1942 - Iníciase a batalla de Stalingrado. 1990 - Alemaña Occidental (ou RFA) e Alemaña Oriental (ou RDA) anuncian a súa unión para o 3 de outubro.

Nacementos miniatura|100px|Georges Cuvier. miniatura|100px|Kobe Bryant. 1754 - Lois XVI de Francia (m. 1792). 1769 - Georges Cuvier, naturalista francés (m. 1769). 1852 - Clímaco Calderón, presidente de Colombia (m. 1913). 1864 - Eleftherios Venizelos, primeiro ministro de Grecia (m. 1936). 1893 - Edmundo Lorenzo Santiago, político socialista galego (m. 1973). 1921 - Kenneth Arrow, economista estadounidense, Premio Nobel. 1924 - Robert Solow, economista estadounidense, Premio Nobel. 1925 - Robert Mulligan, director cinematográfico estadounidense. 1929 - Vera Miles, actriz estadounidense. 1930 - Michel Rocard, primeiro ministro de Francia. 1931 - Hamilton Othanel Smith, microbioloxista estadounidense, Premio Nobel 1932 - Houari Boumédienne, político alxeriano (m. 1978) 1933 - Robert Curl, químico estadounidense, Premio Nobel. 1945 - Rita Pavone, cantante e actriz italiana. 1978 - Kobe Bryant, xogador de baloncesto estadounidense (m. 2020).

Mortes miniatura|100px|Charles-Augustin de Coulomb. 634 - Abu Bakr, 1º califa do islam. 1176 - Rokujo, 79º emperador do Xapón. 1305 - William Wallace, patriota escocés (executado). 1540 - Guillaume Budé, humanista francés. 1591 - Luis de León, relixioso e poeta español. 1629 - Tomás de Lemos, frade dominico e teólogo galego (n. 1555). 1806 - Charles-Augustin de Coulomb, físico francés (n. 1736). 1892 - Manoel Deodoro da Fonseca, primeiro Presidente do Brasil (n. 1827). 1926 - Rodolfo Valentino, actor italiano (n. 1895). 1926 - Francisco Ponte Blanco, enxeñeiro e escritor galego (n. 1853). 1927 - Nicola Sacco, anarquista italo-norteamericano (executado) (n. 1891). 1927 - Bartolomeo Vanzetti, anarquista italo-norteamericano (executado) (n. 1888). 1977 - Naum Gabo, escultor ruso. 1982 - Stanford Moore, bioquímico estadounidense, Premio Nobel (n. 1913) 1997 - John Cowdery Kendrew, biólogo molecular británico, Premio Nobel (n. 1917)

Festas e celebracións Día Internacional para a lembranza do comercio de escravos e a súa abolición.

Outros Santoral: San Donato, Santa Rosa de Lima, San Flaviano de Autun, San Zaqueo de Xerusalén, San Lupo, Santa Tydfil, Santo Ireneu de Lión, Santo Ovidio.

Os 366 días do ano

Ver tamén - meses: xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro, decembro

Categoría:Agosto