O 26 de agosto e o 238º día do ano do calendario gregoriano e o 239º nos anos bisestos. Quedan 127 días para finalizar o ano.

Acontecementos 1542 - No marco da Colonización española de América, a expedición do militar español Francisco de Orellana chega á desembocadura do río Amazonas. 1789 - A Declaración dos dereitos do home e do cidadán é aprobada pola asemblea constituínte en París. 1944 - Charles de Gaulle entra en París durante a segunda guerra mundial.

Nacementos miniatura|100px|Guillaume Apollinaire. 1728 - Johann Heinrich Lambert, matemático, físico e filósofo alemán (m. 1777). 1743 - Antoine Lavoisier, químico francés. 1835 - José María Martín de Herrera, cardeal español (m. 1922). 1844 - Celso García de la Riega, político e escritor galego (m. 1914). 1871 - Julio Dávila, historiador, xeógrafo e escritor galego (m. 1971). 1878 - Jesús Rey Alvite, xornalista e escritor galego (m. 1941). 1880 - Guillaume Apollinaire, escritor francés. 1882 - James Franck, físico alemán, gañador do Premio Nobel de Física en 1925. 1895 - Jerzy Kurylowicz, lingüista polaco. 1910 - Tareixa de Calcuta, relixiosa católica albanesa, premio Nobel da Paz en 1979 e santa. (m. 1997). 1914 - Julio Cortázar, escritor arxentino. 1946 - Grigoris Buniatyan, bispo da Igrexa apostólica armenia. 1948 - Iago Seara, arquitecto galego. 1963 - Eva Kjer Hansen, política dinamarquesa. 1971 - Thalía, cantante e actriz mexicana. 1978 - Carlos Callón, filólogo e activista galego. 1980 – Macaulay Culkin, actor estadounidense.

Mortes miniatura|100px|William James. 1723 - Anton van Leeuwenhoek, científico neerlandés (n. 1632). 1795 - Alessandro Cagliostro, viaxeiro, ocultista e masón (n. 1743). 1910 - William James, psicólogo e filósofo estadounidense (n. 1842). 1939 - Rodrigo Sanz, político e investigador galego (n. 1872). 1974 - Charles Lindbergh, aviador e enxeñeiro estadounidense (n. 1902). 1979 - Mika Waltari, escritor finlandés (n. 1908). 1987 - Georg Wittig, químico alemán (n. 1897). 1996 - Marcial Suárez, escritor galego (n. 1918). 1998 - Frederick Reines, físico estadounidense (n. 1918). 2007 - Gaston Thorn, político luxemburgués (n. 1928).

Festas e celebracións Día Mundial do Licaón.

Outros Santoral: San Ceferino

Notas

Os 366 días do ano

Ver tamén - meses: xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro, decembro

Categoría:Agosto