miniatura|300px|Lenda baixo o escudo: .
Alejo Carrera Muñoz, nado en San Martiño de Vilasobroso (Mondariz), o 17 de febreiro de 1893 e finado tamén en San Martiño o 18 de xullo de 1967, foi un xornalista galego, dono do castelo de Sobroso.
Traxectoria Foi correspondente da prensa internacional en Lisboa, e posteriormente desenvolveu traballos consulares na cidade. Desde 1916 foi membro correspondente da Real Academia Galega.
En 1923 mercoulle o castelo de Sobroso a Manuel Bárcena Andrés, conde de Torrecedeira, por cinco mil pesetas. Estaba nun estado ruinoso e iniciou a súa reconstrución. Foi o fundador e primeiro alcalde pedáneo da entidade local menor de Portela o 13 de setembro de 1924, e en 1926 logrou que se mudase o nome da parroquia polo de Vilasobroso. Integrouse no Partido Republicano Radical e converteuse no primeiro alcalde republicano de Mondariz en 1931. Foi destituído en maio dese ano, e en setembro fundou o xornal El Sobroso.
Nos derradeiros anos da súa vida colaboraba con artigos literarios como correspondente honorario do xornal Faro de Vigo. Proseguiu a reconstrución do castelo, sen axuda económica do Estado, mais quedou inconclusa tras o seu falecemento en 1967. No castelo organizaba actividades literarias e culturais. A súa filla herdou o castelo e posteriormente vendeullo ao concello de Ponteareas.
Vida persoal
Casou con Adelaida Amaral Ferreira, e foi pai de Zita-Teresa Carrera Ferreira. Está soterrado xunto á entrada do castelo, no cemiterio de Vilasobroso, no seu mausoleo familiar.
Recoñecementos Orde de Isabel a Católica Orde de Santiago e a Espada
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Xornalistas de Mondariz Categoría:Alcaldes de Mondariz Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Nados en Mondariz Categoría:Nados en 1893 Categoría:Finados en 1967 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega