miniatura|260px|O Indo no norte de Paquistán.
O río Indo (en sindhi सिन्धु नदी, Sindhu nadi, coñecido como Sindhu en sánscrito; grego antigo, Sinthos, latín Sintus) é un dos ríos máis longos da Asia meridional que discorre polo subcontinente indio así como un dos máis longos do continente asiático, é o máis importante de Paquistán e un dos principais da India (e que tamén percorre no seu curso alto a China). Orixinario da meseta tibetana do oeste da China, na Rexión Autónoma do Tíbet, o río discorre a través do distrito de Ladakh de Jammu e Caxemira e logo entra en Paquistán a través dos Territorios do Norte (Gilgit-Baltistán); segue despois desde o norte do país en dirección sur cruzando ao longo todo Paquistán, ata desembocar no mar Arábigo, preto da cidade portuaria de Karachi en Sind.
A lonxitude total do río é de 3.180 km, sendo o río máis longo de Paquistán. Drena unha gran conca de máis de 1.165.000 km² e ten un caudal anual estimado nuns 207 km³, o que o converten no 21º máis caudaloso do mundo. Nace nos glaciares máis altos do mundo, o río alimenta un ecosistema de bosques temperados, chairas e paisaxes áridos. Xunto cos ríos Jhelum, Chenab, Ravi, Sutlej, Beas e dous afluentes desde a Khyber Pakhtunkhwa e Afganistán, o Indo forma o delta do Indo de Paquistán, mencionado no Rigveda (o texto máis antigo da India, de mediados do II milenio a. C.) como Sapta Sindhu e no texto iranio Zend Avesta como Hapta Hindu (significando ambos termos, "sete ríos).
O río Indo proporciona os recursos hídricos clave para a economía de Paquistán -especialmente o celeiro da provincia do Panxab, que representa a maior parte da produción agrícola da nación, e de Sindh. O Indo tamén soporta moitas industrias pesadas e constitúe o principal fornezo de auga potable en Paquistán. Os cinco ríos que dan nome ao Panxab son o Jhelum, Chenab, o Ravi, o Beas e o Sutlej.
Antes da división en 1947 da antiga India nos modernos estados da India e Paquistán, o Indo era o segundo río en importancia da rexión, despois do río Ganxes, tanto en termos culturais como comerciais. Na actualidade o río tamén dá nome á provincia paquistaní de Sind.
O río foi unha fonte de asombro durante o período clásico. O rei Darío I de Persia enviou a Escílax de Carianda a explorar o Indo entre os anos 519 e 512 a. C., este descendeuno ata chegar ao mar. Chamado Hindós ou Indós polos gregos e logo Indus polos autores latinos, foi sempre coñecido en Occidente polo seu nome latinizado que tamén deu nome á India (Bharat).
O Indo é un dos sete ríos sagrados da India.
Historia miniatura|esquerda|Extensión e principais lugares da cultura do val do Indo, no Paquistan premoderno e norte da India (2500 a. C.). Atoparonse sitios da época do paleolítico no val do Indo en Pothohar, preto de Islamabad, a capital de Paquistán, con ferramentas de pedra da cultura Soan. Así mesmo en Mardan, na antiga rexión de Gandhara (tamén preto de Islamabad), hai evidencias de covas habitadas desde hai 15.000 anos.
Tamén se desenvolveu entre 2300 e 1750 a. C. a cultura do val do Indo, unha cultura prehistórica que aparentemente non chegou a coñecer a cultura dos arios e que coñeceu varias etapas, desde o 7000 a. C.
As principais cidades desta civilización, Harappa e Mohenjo-daro, remóntanse a ao redor de 3300 a. C., e representan algúns dos maiores asentamentos humanos do mundo antigo. A civilización do val do Indo estendíase por todo o Paquistán, o noroeste da India polo leste do río Jhelum ata alcanzar Rupnagar, no Sutlej superior. Os asentamentos da costa estendíanse desde Sutkagan Dor, en Paquistán, na fronteira de Irán, ata Kutch, no extremo oriental de Paquistán. Hai un sitio arqueolóxico desta cultura do Indo no Amu Daria en Shortughai, no norte de Afganistán, e outro en Alamgirpur no río Hindon (un afluente do río Yamuna, e xa que logo, do Ganxes) que se atopa a só 28 km de Nova Delhi. Ata a data, atopáronse máis de 1.052 cidades e poboados, principalmente na rexión xeral do río Ghaggar Hakra e os seus afluentes. Entre os asentamentos están os que foron principais centros urbanos de Harappa e Mohenjo-Daro, así como Lothal, Dholavira, Ganeriwala e Rakhigarhi. Só de 90 a 96 dos 800 sitios máis coñecidos da cultura do val do Indo se descubriron no río Indo e nos seus afluentes. O Sutlej, agora un afluente do Indo, en épocas de Harappa, desembocaba ás veces no Ghaggar-Hakra, en cuxa conca atópanse máis sitios da cultura de Harappa que ao longo do propio Indo.
A maioría de estudosos cren que os asentamentos da cultura das tumbas de Gandhara dos primeiros indo-arios floreceron na rexión de Gandhara a partir do 1700 a. C. ata o 600 a. C., cando Mohenjo-Daro e Harappa xa foran abandonadas.
Os primeiros europeos que se sabe que recoñeceron este río foron as tropas greco-macedonias de Alexandre o Grande que no Indo practicamente atopou o límite oriental do seu imperio, xa que as súas forzas retiráronse ao longo do curso meridional do río ao final da campaña de Asia logo da conquista do que hoxe é Paquistán, uníndoo ao Imperio helénico. O nome Indus utilízase no libro de Megástenes Indica para o poderoso río cruzado por Alexandre, baseándose no relato contemporáneo de Nearchus. «Indus» é un derivado helénico do iranio Sindus, que á súa vez deriva de Sindhu, o nome do Indo no Rigveda, xa que o río está considerado, polos hinduístas, un dos sete ríos sagrados da India. O termo sánscrito sindhu significa xenericamente ’río’ ou ’mar’, probablemente a partir dunha raíz sidh que significa ’afastar’. O termo Sindhu aparece 176 veces no Rigveda, 95 veces en plural, utilizado máis a miúdo no significado xenérico. Xa no Rigveda, sobre todo nos últimos himnos, o significado da palabra redúcese ao referirse ao río Indo en particular, por exemplo, na lista dos ríos do Nadistuti sukta. Isto deu lugar á anomalía dun río de xénero masculino: todos os demais ríos rigvédicos son femininos, non só gramaticalmente, sendo imaxinados como deusas e comparados con vacas e eguas que daban leite e manteiga.
A partir dos datos achegados polos autores gregos que comezaron a mencionar a palabra "India" en referencia a todo o subcontinente indio, daquela os autores latinos falarían dunha India cisganxética (a India deste lado do Ganxes) e dunha India transganxética (a India do outro lado do Ganxes).
Antigamente os persas e outros pobos de linguas iranias chamaban Sindhu a este río, estendendo ese nome aos habitantes de todo o subcontinente indio, co nome de Sindhustán (’país [do] Sindhu’).
O Indo formou unha fronteira natural entre o subcontinente indio e a súa fronteira coa meseta iraniana, unha rexión que inclúe o Baluchistán paquistaní, Jaiber Pastunjuá, así como Afganistán, Tadjiikistán e Irán. Foi cruzado polos exércitos de Alexandre o Grande -as súas forzas macedonias retiráronse ao longo do curso meridional do río ao final da campaña de Asia logo da conquista o que hoxe é Paquistán e unírono ao Imperio helénico. As chairas do Indo tamén estiveron baixo a dominación do imperio persa e do imperio de Kushan. Os exércitos musulmáns de Muhammad bin Qasim, Mahmud de Gazni, Mohammed de Ghor, Tamerlán e Babur tamén cruzaron o río para golpear nas rexións interiores do Panxab e máis ao sueste.
A palabra «India» deriva do río Indo. Na Antigüidade, inicialmente «India» referíase á rexión de Paquistán que se sitúa ao longo da beira leste do río Indo, pero cara ao ano 300 a.C., os escritores gregos como Megasthenes aplicaron o termo ao subcontinente que se estende máis cara ao leste.Henry Yule: «India, Indies», en Hobson-Jobson: A glossary of colloquial Anglo-Indian words and phrases, and of kindred terms, etymological, historical, geographical and discursive. Editado por William Crooke. Londres: J. Murray, 1903. A fonte tradicional do río é Senge Khabab (‘boca do león’), un manancial perenne, non moi lonxe do sagrado monte Kailash, e caracterízase por unha longa liña de baixo de tibetanos chortens. Hai outros afluentes próximos que posiblemente poden formar un curso de auga máis longo que o Senge Khabab, pero a diferenza deste, todos dependen da neve derretida. O río Zanskar, que desemboca no río Indo en Ladakh, ten un volume de auga maior que o propio Indo antes dese punto.Albinia (2008), pag. 307.
No verán de 2010 o río viuse desbordado en numerosos puntos provocando unha das maiores inundacións da historia de Paquistán.
Xeografía miniatura|O Indo na confluencia con río Barndo. O río Indo nace no Tíbet (China), a unha altura de 5500 msnm, seguindo o seu curso en dirección noroeste, para logo atravesar a rexión de Caxemira e xirar cara ao sur para penetrar no Paquistán e percorrelo todo ao longo. Tras pasar pola cidade de Hyderabad, desemboca nun delta bañando as costas do porto de Karachi, primeira capital do Paquistán.
A lonxitude total do río varía, segundo as fontes, entre os 2.900 e os 3.180 km. O caudal medio é de 6.700 m³/s e drena unha ampla conca de 1.081.700 km². Na súa desembocadura no mar de Omán, o Indo forma un extenso e fértil delta, cunha superficie de 7.770 km².
Curso do Indo na China O Indo, nominalmente, comeza moi preto da fronteira oriental da Rexión Autónoma do Tíbet, na China, na pequena localidade de Shiquanhe, na confluencia dos ríos Sênggê Zangbo e Gar, que drenan as cordilleiras de Nganglong Kangri e Gangdise Shan e discorren por algún dos vales principais da cordilleira do Himalaia. O Sengge (), tamén Shiquan ou Shiquan Hei (), a fonte máis afastada cunha lonxitude de 430 km, nace nas inmediacións do sagrado lago Mana Sarovar, a unha altura de 5500 m e discorre en dirección noroeste. O Indo, como tal, tamén flúe cara ao noroeste e cruza enseguida a fronteira chinesa e ingresa na India. Curso do Indo na India miniatura|O Indo en Alchi (Ladakh). miniatura|Confluencia do Zanskar e o Indo (na parte inferior). Na India, onde adoita chamarse río Sind, discorre a través do estado de Jammu e Caxemira, na rexión Ladakh, xusto ao sur da cordilleira do Karakorum para despois virar gradualmente para o sur, abandonando os outeiros entre Peshawar e Rawalpindi. Neste tramo unha presa forma o encoro de Tarbela. Tras pasar polas pequenas localidades de Nyoma (1.350 hab.Todas as poboacións que se citen neste artigo refírense á poboación estimada no ano 2010.) e Upshi (165 hab.). A partir de aquí a estrada NH-21 acompaña ao río, que chega a unha zona na que hai bastantes mosteiros, como os de Stakna, Mashro, Thikse e Shey, e chega a Leh (27.513 hab. en 2001), a antiga capital do reino de Ladakh. No val unha nova estrada acompaña ao río, a NH-1D, e pronto chega a Phey (331 hab.). Recibe despois pola esquerda ao primeiro dos seus afluentes de importancia, o río Zanskar. Segue polas pequenas aldeas de Nimu, Alchi e Tingmosgang e nesta zona o Indo bordea polo norte o gran Parque Nacional Hemit, con 4400 km², o maior parque indio, establecido en 1981. Tras manter a dirección noroeste, sae da India e ingresa en Paquistán.
Curso do Indo en Paquistán miniatura|O Indo visto desde a estrada do Karakórum. miniatura|O forte de Attock, as beiras do Indo. Ao pouco de entrar en Paquistán, na rexión do Baltistán, na provincia de Gilgit-Baltistán, recibe pola esquerda, procedente do sur, ao río Suru e logo, pola dereita, os ríos Shyok (550 km) e o Shigar (62 km), en cuxa confluencia está a pequena cidade de Skardu (uns 30.000 hab. en 2000), que conta cun pequeno aeroporto moi usado polos afeccionados ao sendeirismo. Continúa en dirección noroeste e vólvese cara ao sur, xusto ao recibir, pola dereita, o río Gilgit (450 km). Desde aquí segue o val a N-35 (que chega desde o val do Gilgit), coñecida como estrada do Karakórum, que conecta a cidade chinesa de Kashgar coa capital paquistaní, Islamabad (cun percorrido de 1.200 km). Bordea polo norte o Nanga Parbat, discorrendo entre xigantescas gargantas, de 4.500-5.200 m de profundidade.