Mathieu de Arras, nado en Arras cara a 1290 e finado en Praga en 1352, foi un arquitecto, escultor e mestre de obras francés. Foi o primeiro arquitecto da Catedral de San Vito de Praga.

Traxectoria Non se sabe moito da súa vida antes de que chegase a Praga. Estivo a traballar na corte papal en Avignon, no Languedoc. Foi alí onde se encontrou co futuro emperador Carlos IV do Sacro Imperio, quen o convidou a ir con el e construír unha nova catedral para o bispado de Praga, que acababa de ser elevado ao rango de arquidiocese. A catedral de San Vito comezou a proxectarse no ano 1341 nun estilo gótico meridional languedociano. O plano básico era moi próximo do da catedral dos santos Xusto e Pastor de Narbona e máis do da catedral de Nosa Señora de Rodez.

miniatura|dereita|200px|Ponte de Carlos, Praga, foto de Andreas Groll en 1856. A primeira pedra non foi posta até 1344 e, durante os oito anos seguintes, até a súa morte, Mathieu de Arras, tivo tempo de acabar oito arcadas do coro, o deambulatorio e as capelas radiais desta.

Estabeleceu os talleres en Hradčany, preto da canteira principal.

Logo da súa morte, en 1352, foi o mozo Peter Parler quen, en 1356, retomou o traballo no obradoiro e a canteira de Mathieu de Arras modificando ás veces radicalmente.

En 1348 iniciou as obras do castelo de Karlštejn (Karlstein en alemá) para o mesmo Carlos.

Obras Catedral de San Vito de Praga Ponte de Carlos, Praga Plano da Cidade Nova (Nové Město) de Praga Igrexa de Nosa Señora de Týn Tamén se lle atribúe Karlštejn

Categoría:Arquitectos de Francia Categoría:Arquitectura en Praga Categoría:Nados no departamento do Paso de Calais Categoría:Nados en 1290 Categoría:Finados en 1352