DushanbeAtlas Mundial Galego Online ou DushambeCriterios para o uso da linguaLingua galega. Dúbidas lingüísticas (en taxico Душанбе) é a capital e máis o principal centro cultural e económico de Tadjiikistán. No ano 2002 a súa poboación estimábase en 575 900 habitantes. Na época da Unión Soviética recibiu o nome de Stalinabad.

Étimo do nome O nome deriva da palabra taxica para "luns" (du "dous" + xamba o xanbé "día") e refírese ao feito de que a cidade celebraba un mercado moi frecuentado os luns, para eles o segundo día da semana.

Xeografía Situada no extremo centro-occidental do país, a uns 800 m de altitude., aséntase no val de Gissar, moi densamente poboado, localizado ao suroeste dunha cadena montañosa do mesmo nome (Montes Guissar).

A cidade está atravesada polo río Varzob (tamén chamado río Dušanbinka),que forma parte da conca do Amu Daria.

Distritos miniatura|dereita|350px|Distritos de Duxanbé Duxanbé divídese nos seguintes distritos: <li> Abuali Ibn Sina <li> Firdavsi <li> Ismail Somoni <li> Shokhmansur

Clima Dado o afastamento do mar, o clima ten un forte carácter continental, con veráns cálidos e secos, e con invernos fríos e relativamente húmidos.

A temperatura media é duns 14,7 °C e as precipitacións medias anuais son duns 568 mm. O mes máis caloroso é xullo, cunha temperatura media de 27,1°, mentres que o máis frío é xaneiro con 2,1 °C. O mes máis seco é agosto, en tanto que as chuvias máis abundantes caen en marzo e abril con cerca de 100 mm.

Economía Desde que foi conectada á rede ferroviaria (1929), durante a época soviética, a cidade converteuse nun centro económico e industrial do país. As industrias principais son a téxtil, alimentarias e manufactureira.

A 80 km ao sur de Dushanbé, atópase a Base Aérea de Farkhor, a única base militar india fóra da Unión India.

Nas proximidades de Dushanbé están despregadas tamén tropas francesas, estadounidenses e rusas.

Transportes A rede ferroviaria taxica non está moi desenvolvida, en parte a causa do relevo do territorio. Con todo o ferrocarril transcaucásico liga diariamente Dushanbe con Tashkent en Uzbekistán e con Moscova. Os trens, porén, son lentísimos por mor do trazado tortuoso da liña.

Dushanbe ten un aeroporto internacional, sito a menos de 15 minutos en automóbil da cidade. Lígase con voos diarios para Moscova, Bakú e Taxquent e voos cada dúas semanas para Estanbul).

Lugares a visitar Museo Etnográfico, cunha colección de artefactos da arte taxica (cerámicas, alfombras, xoiaría e instrumentos musicais, entre outros). Museo Unificado de Tadjiikistán. Teatro da Ópera e Ballet Ayni, con fermosa arquitectura interna. Mesquita de Haji Iakub.

Ensino e cultura A cidade é a sede da Universidade de Tadjiikistán e da Academia das Ciencias.

Irmandamentos Entre outros: Teherán, Irán Moscova, Rusia San Petersburgo, Rusia Boulder, Colorado, USA Klagenfurt, Austria Ankara, Turquía

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial de Dusanbe

Dushanbe Categoría:Capitais de Asia