Justo Pelayo de la Cuesta Núñez, nado en Marín o 1 de novembro de 1823 e finado en Madrid o 15 de abril de 1889, foi un avogado e político, ministro de Facenda durante o reinado de Afonso XII, no gabinete de José Posada Herrera.

Traxectoria Tras estudar Dereito nas universidades de Compostela e Madrid, logrou o doutoramento en 1846, iniciando a súa carreira política ó obter unha acta de deputado no Congreso por Pontevedra nas eleccións de 1853, escano que volvería obter nas eleccións celebradas entre 1863 e 1865. En 1872 pasou ó Senado ó resultar elixido por Ávila sendo, en 1881, nomeado senador vitalicio.

Foi ministro de Facenda entre o 9 de xaneiro e o 13 de outubro de 1883.

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no Congreso Ficha no Senado

Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Senadores de Galicia Categoría:Ministros de España Categoría:Nados en Marín Categoría:Profesores da Institución Libre de Enseñanza