Iván Salgado López, nado o 29 de xuño de 1991 en Ourense, é un xadrecista galego.
Traxectoria Xogador de xadrez dende neno, proclamouse campión galego sub-14 con só once anos en 2002. Campión de España sub14 (2004) e campión de España sub 16 (2006), Iván Salgado é un xogador do club de xadrez Escola Marcote. Aos 14 anos xa conseguira as vitorias necesarias para ser cualificado como Gran Mestre, a categoría internacional de maior nivel. En xaneiro de 2008 recibiu a cualificación de Mestre Internacional, converténdose no primeiro galego en conseguila.
O 17 de marzo de 2010 acadou o 9º posto no Campionato de Europa Absoluto celebrado en Rijeka (Croacia). Clasificouse con tan só 18 anos para a Copa do Mundo, competindo entre 64 xogadores de todo o mundo. En abril de 2012, proclamouse campión do Campionato Iberoamericano de Xadrez, torneo que reuniu a numerosas estrelas do xadrez español e latinoamericano.
Tamén é resaltable o papel desempeñado por Salgado nas últimas edicións da Liga galega de clubs, crucial para que o seu equipo, o Club de Ajedrez Marcote se proclamase campión en varias ocasións (2011 foi a máis recente)
O seu adestrador é o español Jesús de la Villa.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Datos da FIDE de Iván Salgado (en inglés) 250 partidas de Iván Salgado en chessgames.com (en inglés) Videos de Iván Salgado comentando partidas internacionais (en inglés)
Categoría:Xadrecistas de Galicia Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1991 Categoría:Xadrecistas do século XXI