A igrexa de San Xurxo de Sacos é a igrexa parroquial de San Xurxo de Sacos, parroquia do concello pontevedrés de Cerdedo Cotobade.
Historia e características Ten planta de cruz latina. Os teitos son de madeira a dúas augas. Ten arcos torais e o triunfal de medio punto sobre pilastras. A cada lado do presbiterio hai unha sancristía con portas de aceso acodadas con tribunas baixo arco semicircular sobre elas. Están máis baixas e contan con teitos a tres augas. Nunha delas hai dúas inscricións: 1823 e 1689.
A nave ten tres tramos con arcos faixóns semicirculares sobre pilastras, coro ós pés, de pedra e sobre grande arco de medio punto. A porta de entrada é de arco adintelado e acodada. Sobre ela hai unha fiestra de igual derectriz.
A fachada está enmarcada por pilastras que rematan en pináculo. Remata con volutas estilizadas e no centro ten un campanario con decoración de placas formado por dous corpos con pilastras caixeadas que encadran os vans. Cruceiro destacado só en planta, porta lateral e fiestras acodadas.
Categoría:Cerdedo Cotobade Sacos San Xurxo