Pepe Jeans London, ou simplemente Pepe Jeans, é unha marca de roupa inglesa que nun período de tempo moi curto pasou a encabezar as tendencias da moda mundial no que se refire á moda vaqueira. É unha das marcas de moda que ten máis produción e que máis vende no mercado da moda mundial.
A súa sede está localizada en Londres, a cidade onde se fundou, mentres que as oficinas centrais e a sede fiscal da compañía está en San Felíu de Llobregat, preto de Barcelona.
Historia En 1973, os irmáns Shah (Nitin Shah, Arun Shah e Milan Shah) abriron unha pequena tenda de roupa no mercado de Portobello Road, no oeste de Londres, co obxectivo de vender as súas creacións. O éxito foi tal que en 1975 xa abriran catro boutiques na capital británica. O rápido crecemento da súa nova sociedade, PEPE (UK), permitiulles abrir unha tenda en Kings Road, ademais dun taller e varias oficinas.
Os anos que seguiron a 1980 foron moi beneficiosos para a compañía. Pepe Jeans rematou de impoñerse no mercado coma un dos líderes europeos de moda vaqueira, e comezou a comercializar a súa roupa en numerosos países do mundo, coma India en 1989.
En 1992 Pepe Jeans introduciu o seu logo actual.
Caras da marca Jason Priestley Natalia Vodianova Kate Moss Cristiano Ronaldo Sienna Miller Fernando Torres
Véxase tamén Outras páxinas
Tommy Hilfiger
Ligazóns externas Páxina oficial en inglés
Categoría:Empresas téxtiles Categoría:Empresas do Reino Unido