Renfe Operadora, ou simplemente Renfe, é unha entidade pública empresarial adscrita ao Ministerio de Fomento de España, e a operadora ferroviaria hexemónica de viaxeiros pola rede de Adif, onde só se internan para servizos internacionais Comboios de Portugal e SNCF. Tamén mantén unha importante presenza no tráfico de mercadorías.
Tomou o nome da antiga RENFE (Red Nacional de los Ferrocarriles Españoles), empresa creada en 1941 e da que se desprendeu Renfe Operadora o 1 de xaneiro de 2005, pasando RENFE a se chamar Adif (Administrador de Infraestruturas Ferroviarias). Renfe heredou o groso do material rodante e persoal relacionado (maquinistas, interventores, ...) mentres que Adif quedou coa infraestrutura, superestutura, a maior parte dos predios e naves (agás talleres) e persoal relacionado coa circulación ferroviaria (factores, xefes de estación, persoal dos Postos de Mando e CTC, ...).
A creación de Renfe Operadora veu dada pola Lei do Sector Ferroviario, que apuntaba á separación da explotación dos servizos de transporte, da administración das infraestruturas, polo que se tiveron que conformar dúas empresas: Adif e Renfe Operadora.
Historia O proceso de nacionalización e unificación que viviron a maior parte de redes de ferrocarril de Europa tras a segunda guerra mundial produciu unhas compañías ferroviarias nacionais que facían moi difícil a posibilidade de explotar trens internacionais. A integración promulgada pola Unión Europea, que inclúe o transporte libre de mercadorías por toda a unión, iniciou o interese por modificar o sistema de funcionamento dos ferrocarrís europeos permitindo con normalidade a aparición de operadores transnacionais.
En 1991 aprobouse a Directiva 91/440/CEE, na que se recolle a separación contable dos servizos e as infraestruturas nas redes ferroviarias nacionais europeas, similar á existente no transporte aéreo ou por estrada. Esta separación permitiría a un operador transnacional circular polas redes de diferentes países nas mesmas condicións que a ferroviaria nacional, pagando as taxas correspondentes polo uso da infraestrutura.
Esta directiva e os seus posteriores foron traspostas ao ordenamento xurídico español na Lei 39/2003 do Sector Ferroviario, aprobada o 17 de novembro de 2003. Nesta lei estableceuse que no caso de España a separación contable realizaríase a través da división completa en dúas empresas diferentes. A división efectiva tivo lugar o 1 de xaneiro de 2005, cando Renfe foi extinguida como empresa e creáronse Adif, dedicada á infraestrutura, e Renfe Operadora, dedicada á operación e o mantemento dos trens.
Renfe Operadora absorbeu da súa predecesora Renfe todo o material rodante, os talleres de mantemento e o persoal dedicado a operar os trens e ao seu mantemento. Ademais de todo o relacionado coa infraestrutura, a venda de billetes en estacións quedou tamén en mans de ADIF.
En 2012 realizouse un proceso similar coa disolución de Feve, a empresa estatal que xestionaba os ferrocarrís de vía estreita. O 31 de decembro completouse a subrogación, facéndose Renfe Operadora con toda a explotación dos ferrocarrís de vía estreita non autonómicos, e Adif coa infraestrutura.
Estrutura Nunha orixe, a operadora ferroviaria herdou o modelo de xestión das Unidades de Negocio (UN) da antiga Renfe, facéndose cargo daquelas que puramente afectaban á explotación dos servizos de transporte, é dicir: Proximidades, Rexionais, Grandes Liñas, Alta Velocidade, Mercadorías e Mantemento Integral de Trens. En xaneiro de 2006, Renfe Operadora sofre unha gran reestruturación interna, que reduce as áreas operativas ás catro actuais: Dirección Xeral de Servizos Públicos de proximidade e Media Distancia Dirección Xeral de Servizos de Longa Distancia Dirección Xeral de Servizos de Mercadorías e Loxística Dirección Xeral de Fabricación e Mantemento (Renfe Integria)
Na actualidade, e despois de varias modificacións, o grupo Renfe desde 2013 pivota sobre catro sociedades anónimas que dependen da matriz, ao ser a propietaria ao 100% do capital das novas sociedades: Renfe Viajeros Renfe Mercancías Renfe Fabricación y Mantenimiento Renfe Alquiler de Material Ferroviario
Presidencia
2005 - 2009: José Salgueiro Carmona 2009 - 2011: Teófilo Serrano 2012 - 2014: Julio Gómez-Pomar 2014 - 2016: Pablo Vázquez Vega 2016 - 2018: Juan Alfaro Grande 2018 - 2023: Isaías Táboas Suárez 2023 - 2025: Raül Blanco Díaz 2025 - actualidade: Álvaro Fernández Heredia
Servizos ferroviarios 300px|miniatura|Rede completa de ferrocarrís en España. miniatura|Restauración nun tren AVE. miniatura|Cafetería a bordo dun tren de Renfe Operadora. Tradicionalmente desde a súa fundación Renfe Operadora separou completamente os seus servizos de Media Distancia dos de Longa Distancia. Na actualidade a división é máis flexible, existen servizos con ligazón entre trens de Media Distancia e Longa Distancia, e tamén trens de Longa Distancia que admiten viaxeiros de Media Distancia en certos percorridos entre cidades próximas.
Longa distancia
As liñas de longa distancia son servizos non subvencionados, que xeralmente inclúen grandes prestacións a bordo como cafetería, clase preferente, restauración en asento ou a emisión de películas. O nome de cada un dos servizos indica normalmente as prestacións e o tipo de tren, aínda que ás veces existen diferenzas dentro de servizos co mesmo nome.
Entre os servizos que fan uso das liñas de alta velocidade inclúense: AVE: é o servizo puro de alta velocidade en liñas de longa distancia. Son os trens que alcanzan maior velocidade, ata 310 km/h, e que circulan desde orixe a destino por liñas de alta velocidade. AV City: servizos de alta velocidade en trens de gama media sen clase preferente nin servizos de valor engadido durante a viaxe. O seu obxectivo é ofrecer traxectos similares ao AVE a prezos máis competitivos. Alvia: servizos que circulan parcialmente por liñas de alta velocidade e por liñas convencionais, incluíndo o cambio de largo rápido necesario para utilizar ambas as redes, incluso sen deterse de todo. Alcanzan unha velocidade de 250 km/h en vías de alta velocidade puras. Avlo: servizos de alta velocidade de baixo custe.
Os servizos diúrnos a velocidade convencional, con velocidades de ata 220 km/h, inclúen: Altaria: compóñense dunha rama Talgo arrastrada por unha locomotora independente. Poden circular parcialmente por liñas de alta velocidade, cunha velocidade máxima de 200 km/h. A diferenza dos Alvia, a locomotora de arrastre independente dos Altaria é separada da rama de coches durante o cambio de largo, sendo substituída por outra adecuada á velocidade e largo da vía de destino; iso fai obrigatoria, en calquera caso, a detención do tren durante o proceso. Ademais, a súa velocidade máxima media é menor, e poden facer uso de trazados non electrificados. Euromed: servizo de características técnicas similares ao Alvia, establecido para aproveitar especificamente as características do Corredor Mediterráneo. Talgo: compóñense dunha rama Talgo arrastrada por unha locomotora de potencia normal, integramente por vías de largo ibérico e sen facer uso de liñas de alta velocidade. É o servizo de longa distancia máis básico e veterano da compañía. Ademais, Renfe realizaba, ata antes da Pandemia do COVID-19, varias liñas nocturnas cunha velocidade máxima de ata 200 km/h e algunhas delas circulaban parcialmente por infraestruturas de alta velocidade: Trenhotel: formado por composicións tipo Talgo en servizo nocturno cun alto grao de confort. O Trenhotel Galicia (o único da serie 7) que unía A Coruña e Vigo con Barcelona circulaba por liña de alta velocidade entre Zaragoza e Barcelona, de maneira similar aos servizos Altaria, cunha velocidade máxima de 200 km/h.
Media Distancia ou rexionais
A división comercial Renfe Media Distancia xestiona liñas que poden recibir subvencións, tanto particularmente a cada liña xeralmente por parte dos gobernos autonómicos, como globalmente a través dun acordo co goberno estatal coñecido como contrato-programa. A maioría de servizos teñen prestacións parecidas, con clase única sen cafetería a bordo e a posibilidade de utilizar bicicletas.
Entre os servizos ofrecidos, un fai uso de liñas de alta velocidade: Avant: servizo capaz de circular ata a 250 km/h cunhas prestacións moi parecidas ao resto de trens de Media Distancia, que une cidades próximas en percorridos curtos, a miúdo a modo de lanzadeira con servizos AVE.
Os demais servizos, a velocidade convencional, inclúen: Media Distancia: marca xenérica da división, que engloba á súa maioría de servizos. As rutas de Media Distancia unen as cidades principais dentro dunha mesma rexión coas poboacións intermedias menores máis destacadas, descartando a de menos demanda. Intercity: son servizos híbridos entre a media e a longa distancia. Circulan a unha velocidade máxima de 160 km/h e posúen prestacións moi similares ou idénticas á Media Distancia convencionais, deténdose nas mesmas estacións e emulando as súas tarifas. Con todo, a lonxitude dos seus percorridos, de principio a fin, é estendida, propia de servizos como o Alvia; iso posibilita percorrer longos traxectos interrexionais sen necesidade de transbordos a aqueles viaxeiros que o precisen, aínda que non son a opción preferible para o devandito tipo de viaxe, polas súas múltiples paradas. Rexional: son os servizos máis básicos da división, cuxa velocidade media e categoría (comodidade) é menor que en caso dos anteriores. Os trens Rexional adoitan circunscribir os seus percorridos dentro dunha mesma rexión, e fan parada en todas e cada unha das estacións habilitadas no seu percorrido, atendendo a poboacións menores, con frecuencias de paso moi reducidas. Para prestar o servizo empréganse trens de características similares aos máis veteranos vehículos empregados por Renfe Proximidades, habitualmente de tracción diésel. Rexional Exprés: servizos de prestacións técnicas idénticas ao Rexional, coa condición de que ignoran certas estacións menores no seu percorrido, reducíndose así o tempo de viaxe. Son en Media Distancia homólogos aos trens civís en Renfe Proximidades.
Proximidades miniatura|Proximidades en Asturias.
Renfe é o principal xestor de redes de proximidade en España. Devanditos servizos son sempre subvencionados, e ofrécense nas grandes áreas metropolitanas do país, ocasionalmente xunto con distintos operadores públicos autonómicos de certas comunidades autónomas. Ditas redes son operadas por Renfe Proximidades. Trens turísticos de luxo Transcantábrico: servizo turístico de luxo que transcorre integramente por liñas de vía estreita e que foi herdado da antiga empresa FEVE. Circula entre os meses de marzo e outubro. Existen dúas circulacións, iniciando cada unha o seu percorrido en León e Santiago de Compostela, respectivamente, cada semana. O percorrido ten unha duración dunha semana, visitando con todas as comodidades os principais atractivos turísticos do norte peninsular. Hai dous tipos: o Transcantábrico Clásico, que fai a ruta Santiago-Bilbao-León, e o Transcantábrico Gran Luxo, que vai de Santiago a Donostia. Expreso de La Robla: servizo herdado da antiga empresa FEVE que cobre as rutas Bilbao-León (itinerario de La Robla) e Bilbao-Oviedo (itinerario Paraíso Verde). Al Andalus: con tres itinerarios, Andalucía, Ruta Extremeña e Camiño de Santiago.
Material móbil en servizo
AVE - Longa Distancia
Exclusivamente para liñas 1435 mm e 25 kV ~ 50 Hz
Serie 100 Serie 102 Serie 103 Serie 104 Serie 112 Serie 114
Para liñas de 1435 ou 1668 mm e 25 kV ~ 50 Hz ou 3 kV
Serie 120 Serie 130 Serie 252 Serie 730
Exclusivamente para liñas de 1668 mm
Serie 333 Serie 334
Media Distancia
Liñas de 1668 mm Serie 121 Serie 440 Serie 448 Serie 449 Serie 470 Serie 490 Serie 594 Serie 596 Serie 598 Serie 599
Liñas de 1000 mm Serie 524 (2400) Serie 527 (2700)
Mercadorías
Serie 251 Serie 252 Serie 253 Serie 316 (1600) Serie 333.3