Fiji, dotada de recursos forestais, minerais e pesqueiros, é unha das economías máis desenvolvidas do océano Pacífico, aínda que posúa un vasto sector de subsistencia. As exportacións de azucre, os envíos de diñeiro dos seus cidadáns residentes no estranxeiro e unha crecente industria de turismo - que recibe 400 a 500 mil visitantes por ano - son as principais fontes de divisas externas. O procesado de azucre corresponde a un terzo da actividade industrial, pero nos últimos anos enfrontou varios inconvenientes. Os problemas estruturais do sector inclúen o baixo investimento e os pouco claros dereitos de propiedade sobre a terra. A industria do azucre recibiu un acceso especial á Unión Europea, pero poderá ser afectada pola recente decisión de corte de subsidios por parte da UE.
Os golpes de estado de 1987 e 2000 afectaron severamente a economía, e o crecemento a longo prazo da economía de Fiji depende en gran medida da súa capacidade para formar unha administración estable e reducir a tensión social. As remesas dos traballadores emigrantes traballando en Kuwait e Iraq aumentaron significativamente a renda per cápita.
Notas