O estado de México, é un dos 32 estados do México, localizado no centro do país. Fai fronteira polo norte cos estados de Hidalgo e Querétaro, polo sur cos estados de Morelos e Guerrero, polo oeste co estado de Michoacán, e polo leste cos estados de Tlaxcala e Puebla, e tamén rodea á Cidade de México. A súa área é de 22.499,95 km² e a súa poboación é de 16 187 608 habitantes (2015). A capital do estado é a cidade de Toluca de Lerdo. A súa principal fonte de renda é a industria (o estado posúe unha das maiores zonas industriais do país) tamén conta co turismo e agricultura.

Topónimo Etimoloxicamente tense varias definicións do nome de México, o estado adoptou o nome do país e da capital mexicana. Identifícase co nome na lingua náhuatl de Mexihco (cfr. náhuatl Mexihtli (deus Mexihtli (Huitzilopochtli) e o sufixo de lugar -co). O seu actual nome provén do náhuatl que significa "lugar do deus Mexihtli". Outra versión máis común identifícase como "lugar no embigo da lúa".

Historia O estado de México foundouse o 2 de marzo de 1824, ao consumarse a independencia do país; o mesmo día creouse o congreso estatal.

División política O estado está dividido en 16 rexións administrativas e 125 concellos.

NºRexiónCabeceira rexionalIRexión de AmecamecaAmecameca de JuárezIIRexión de AtlacomulcoAtlacomulco de FabelaIIIRexión de ChimalhuacánChimalhuacánIVRexión de Cuautitlán IzcalliCuautitlán IzcalliVRexión de EcatepecEcatepec de MorelosVIRexión de IxtapanIxtapan de la SalVIIRexión de LermaLerma de VilladaVIIIRexión de NaucalpanNaucalpan de JuárezIXRexión de NezahualcóyotlCidade NezahualcóyotlXRexión de TejupilcoTejupilco de HidalgoXIRexión de TexcocoTexcoco de MoraXIIRexión de TlalnepantlaTlalnepantla de BazXIIIRexión de TolucaToluca de LerdoXIVRexión de TultitlánTultitlán de Mariano EscobedoXVRexión de Valle de BravoValle de BravoXVIRexión de ZumpangoZumpango de Ocampo

Demografía O estado de México ten unha poboación de 16.992.418 habitantes, é a entidade federal máis poboada do país.

Relixón miniatura|250px|A Basílica a Virxen dos Remedios. De acordo co censo de 2020, a maioría dos habitantes do estado son católicos, cun total de 11.988.016 persoas que profesan o catolicismo ese ano, o que representa o 92,9% da poboación, ten dous bispados. Aínda que para os efectos o censo, este expresa que relixión practican, moitos adoitan dicir que son crentes, o que significa que se consideran seguidores do catolicismo, aínda que non determinan se son practicantes habituais. Tamén hai seguidores do cristianismo evanxélico, do cristianismo pentecostal e de grupos como as Testemuñas de Xehová e os mormóns ou a Igrexa de Xesucristo dos Santos dos Últimos Días.

O Estado de México concentra a maior poboación poboación xudía do país, a maioría son azkenazis, a segonda comunidade é a sefardi.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Goberno do Estado de México .

Categoría:Estado de México