Salustiano Portela Pazos, nado en Rebordelo (Cerdedo Cotobade) o 6 de agosto de 1877 e finado en Santiago de Compostela o 3 de maio de 1976, foi un clérigo e historiador galego.
Traxectoria miniatura|175px|Portela Pazos en 1918. Estudou no instituto de Pontevedra e preparou Humanidades no seminario de Tui. Despois estudou no seminario de Santiago de Compostela e doutorouse en Teoloxía e Dereito Canónico pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi párroco de Valongo (Cerdedo Cotobade), e posteriormente segundo mestre de cerimonias, cóengo e deán da catedral de Santiago de Compostela. Foi tamén mestre nacional.
Entre outros recoñecementos, conta cun do Concello de Santiago de Compostela en 1909 (co gallo da Exposición Rexional de 1909), outro do Ateneo León XIII en 1910, e outro da Liga de Amigos de Santiago en 1916. Conselleiro do Seminario de Estudos Galegos no 1933-34. En 1941 ingresou na Real Academia Galega, e en 1951 presentou a Antón Fraguas como membro da mesma.
Obra miniatura|300px|O SEG en 1936: Xesús Carro, Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Luís Iglesias Iglesias, Sebastián González García-Paz, Felipe Cordero Carrete, Salustiano Portela Pazos, Paulino Pedret, Jaime Vidal Rey, Antón Iglesias Vilarelle, Manuel Díaz Rozas, Alfonso Vázquez Martínez, Xosé Filgueira Valverde, Xulio Francisco Ogando, Ramón Sobrino Buhigas, Anxelo Ramos Colemán, Isidro Parga Pondal, Florentino López Cuevillas e Xoán López Durá O cañón de pau (1913; publicado en 1976).Fala do papel dos guerrilleiros das terras de Cotobade na Guerra da Independencia contra as tropas do Xeneral Ney e na batalla de Ponte Sampaio.Reeditado en 2019. Catecismo social León XIII y la Cuestión Social Plan desarrollado por León XII en sus inmortales Encíclicas Medios conducentes al mejoramiento de las Obreras en Galicia Apuntes para la Historia de los Irmandinos en Galicia Colección de Tapices y Colgaduras antiguas de la Catedral de Santiago Decanología de la S.A.M. Iglesia de Santiago de Compostela Fray Rodrigo y su Capilla. Notas Pontevedresas Anotaciones al Tumbo A de la Catedral de Santiago Orígenes del culto al Apóstol Santiago La Iglesia Compostelana y la Fiesta de la Inmaculada Concepción Apuntes para la Historia de la Isla de Ons Diversidad de "COBRADOS" en la Ciudad y Villas del Señorío de Santiago que disfrutaban de Fuero Propio Finalidad de la Real Academia Gallega: pasado y porenir Galicia en tiempo de los Fonsecas Origen del topónimo "Compostela" Breve resumen histórico de la Sede Iriense-Compostelana Modalidad ornamental de Próximo Origen Compostelano La guerra de independencia en Galicia (1964) Vida persoal
Era fillo de Manuel Portela e Teresa Pazos, irmán de Ricardo Portela Pazos e tío-avó do gaiteiro Ricardo Emilio Avelino Portela Bouzas. Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Membros de número da Real Academia Galega Categoría:Nados en Cerdedo Cotobade Categoría:Nados en 1877 Categoría:Finados en 1976 Categoría:Académicos correspondentes da Real Academia Española