Patricia Lee Smith, nada en Chicago (Illinois) o 30 de decembro de 1946, é unha cantautora e poeta estadounidense, máis coñecida como Patti Smith.
Traxectoria Definida como a madriña do punk, Patti Smith inventou unha nova definición do feminino: nas súas cancións, na súa poesía, proxectouse como lesbiana, andróxina, home, mártir, Deus-Muller.
En 1955, o mesmo ano no que nacía o rock and roll, a cantautora trasladouse a Nova Jersey. Súa nai era testemuña de Xehová, e seu pai ateo, un feito que a marcou profundamente, dándolle unha dobre visión de Deus, unha visión que percorre todo o seu traballo. Apaixonada pola vida e pola obra de Arthur Rimbaud e Jean Genet, en 1967 mudou a Nova York, onde coñeceu o pintor Robert Mapplethorpe, con quen viviu durante un tempo. Anos máis tarde, a cantautora trasladouse a París coa súa irmá, onde traballou nas rúas como performance artist. Durante os anos setenta foi abrindo camiño no mundo do teatro e da poesía underground mentres lles abría o pano a bandas como The New York Dolls, escribía cancións para Blue Oyester Cult, ou publicaba os seus primeiros poemas nun festival en honor a Rimbaud.
En 1975 e coa colaboración de John Cale, Patti Smith gravou o seu primeiro disco, Horses, un disco cuxa portada a constituía unha foto feita por Mapplethorpe, na que Smith non era nin home nin muller. Un ano despois aparecía o seu segundo traballo, Radio Ethiopia, no que mesturaba a linguaxe relixiosa co rock and roll e no que Genet era a súa máxima inspiración. Máis tarde virían Easter (1978) e Wave (1979).
Ata 1996 Smith estivo recluída en Detroit. Casada con Fred “Sonic” Smith, con quen tivo dous fillos, a cantautora decidiu editar en 1988 un disco dunha soa tirada, Dream of Live, ao que seguirían Gone Again en 1996, editado logo da morte do seu home; Peace and Noise en 1997; Gung Ho no 2000; Trampin''' no 2004; e Twelve no 2007.
En 2026, recibiu o Premio Princesa de Asturias das Artes.
Discografía Álbums Álbum Ano Selo Horses 1975 Arista Records Radio Ethiopia 1976 Arista Records Easter 1978 Arista Records Wave 1979 Arista Records Dream of Life 1988 Arista Records Gone Again 1996 Arista Records Peace and Noise 1997 Arista Records Gung Ho 2000 Arista Records Trampin' 2004 Columbia Records Twelve 2007 Columbia Records Banga 2012 Columbia Records
Recompilatorios The Patti Smith Masters (1996). Land (1975-2002) (2002).
Obra Seventh Heaven (1972). Poesía. Witt (1973). Poesía. Woolgathering (1992). Poesía. Babel. Poesía. Ed. Anagrama, 1996. The Coral Sea (1996). Poesía. Strange Messenger, exposición de arte publicada como libro no 2003. Auguries of Innocence (2005). Poesía.
Filmografía Patti Smith. Dream of life'' . Documental sobre a artista dirixido por Steven Sebring, quen filmou a artista durante once anos, desde 1996 a 2007.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina Web oficial (en inglés) Patti Smith at MySpace Patti Smith at Allmusic Patti Smith at Internet Movie Database
Categoría:Músicos dos Estados Unidos de América Categoría:Cantautores Categoría:Cantantes de Illinois Categoría:Rock Categoría:Punk Categoría:Poetas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1946 Categoría:Nados en Chicago