Astrud é un grupo barcelonés de pop formado en 1995. Composto por Manolo Martínez (voz, guitarra e teclados) e Genís Segarra (teclados e programacións, tamén membro do dúo electrónico Hidrogenesse), conta nas súas cancións con letras irreverentes e ácidas.
Historia Manolo e Genís coñecéronse en 1995 nun concerto do grupo británico Pulp en Barcelona, e desde ese momento comezaron a comporen xuntos. Desde os inicios espertaron interese en pequenos círculos independentes pola súa atrevida posta en escena baseada na provocación e o sentido do humor, e polas súas composicións musicais que abarcan desde o Pop ye-ye dos anos 1960, a canción francesa, a NewWave británica dos 80, o Brit-Pop dos 90 e a música independente española de finais do século XX e principios do XXI.
Logo de lanzar o seu primeiro EP en 1997 co selo Acuarela, pasáronse a Chewaka, un subselo da Multinacional Virgin co que editan o seu primeiro CD, Mi Fracaso Personal, en 1999, e o segundo, Gran Fuerza, no 2001.A súa contribución ó panorama musical español confórmanse de concertos marxinais (clocharistas), colaboracións, remesturas e proxectos paralelos ata chegar ó 2004, cando publican Performance, co selo Sinnamon, que apoiado no sinxelo "Todo nos parece una mierda" os sitúa no cumio do Pop independente español cuns seguidores fieis e unhas críticas positivas. O sinxelo foi utilizado como tema principal da serie chilena Transantiaguinos.
Como celebración dos 10 anos do grupo publicaron en 2006 un recompilatorio de Caras B e rarezas chamado Algo Cambió. 1996-2005 que supón un repaso á vida do grupo. O seu último CD, Tú no existes foi publicado en maio de 2007.
Discografía Álbums 1999: Mi fracaso personal (Chewaka) 2001: Gran fuerza (Chewaka) 2004: Performance (Sinnamon) 2006: Algo Cambió. 1996-2005" (Sinnamon) 2007: Tu no existes (Sinnamon)
Sinxelos 1997: Astrud EP 1998: Astrud EP (Edicións americana e xaponesa) 1999: Esto debería acabarse aquí 1999: Bailando remezclas 2000: Cambio de idea EP - Extensión de gama 2001: Mentalismo 2001: Mírame a los ojos 2002: La boda 2004: Todo nos parece una mierda
Participación en recompilatorios 1997: Cosmosound:1 1998: Querido sordo 2 1998: B.S.O. Festival de cine de Gijón 1998: Lujo y Miseria 2004: Un mystique determinado. Canciones de Manolo y Genís para un vídeo de Carles Congost 2006: Recompilatorio Navideño de Jabalina ("Son los Padres") 2006: Lujo y Miseria. Edición 1900
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais de Cataluña Categoría:Grupos musicais de pop