Heinrich Sutermeister, nado en Feuerthalen o 12 de agosto de 1910 e finado en Morges o 16 de marzo de 1995, foi un compositor suízo de ópera do século XX.
Traxectoria Heinrich Sutermeister foi alumno de Hans Pfitzner e de Carl Orff e exerceu como profesor no Conservatorio de Hannover (1963-75). A súa obra, de estilo neoclásico, abarca obras sinfónicas, relixiosas e para a escena (Romeo e Xulieta, 1940; A illa encantada, 1942; Madame Bovary, 1962).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Composers Schott-Music: Heinrich Sutermeister
Categoría:Compositores de ópera Categoría:Personalidades de Suíza Categoría:Nados en 1910 Categoría:Nados no cantón de Zürich Categoría:Finados en 1995