A Eurocopa 2008 (oficialmente, Campionato Europeo de Fútbol da UEFA ou UEFA EURO 2008™) foi a XIII edición da Eurocopa, o principal torneo entre seleccións de fútbol europeas organizado pola UEFA. Esta versión do torneo realizouse en Austria e Suíza, entre o 7 de xuño e o 29 de xuño de 2008, sendo a segunda ocasión na que o torneo foi organizado por dous países (trala Eurocopa 2000 realizada en Bélxica e os Países Baixos) e a primeira que foi albergada por unha destas nacións.
A candidatura de Austria e Suíza foi proclamada polo Comité Xeral da UEFA, o 12 de decembro de 2002, superando a un total de seis candidaturas. 16 seleccións participaron no evento, 14 das cales adxudicáronse a súa participación neste torneo tras superar un proceso clasificatorio disputado entre 2006 e 2007 por 52 equipos, ás que se sumaron as seleccións de Austria e Suíza, clasificadas automaticamente na súa calidade de anfitrioas. Os equipos participantes foron divididos en catro grupos de catro equipos cada un; tras disputar un formato de liga en cada grupo, os dous mellores de cada un clasifícanse cara a seguinte rolda. Os oito clasificados enfróntanse posteriormente nun sistema de eliminación directa ata determinar ao campión no partido final a disputarse no Estadio Ernst Happel de Viena.
Estimábase que 1 050 000 persoas asistirían aos 31 partidos disputados durante a fase final do torneo e que a audiencia acumulada do evento por televisión acadaría os 8.000 millóns de espectadores a nivel mundial,http://www.euro2008.uefa.com/MultimediaFiles/Download/Publications/Competitions/MediaServices/67/67/88/676788_DOWNLOAD.pdf UEFA EURO 2008™ Info Guide o que podería convertelo no evento deportivo máis visto de 2008, superando incluso aos Xogos Olímpicos de Pequín 2008.http://www.gaceta.es/08-06-2008+eurocopa_reta_juegos_olimpicos,noticia_1img,24,24,22759 La Eurocopa reta a los Juegos Olímpicos 2008
Organizadores Os países organizadores foron Austria e Suíza, que nunca antes se encargaran de acoller este torneo. Foi a segunda vez que a organización da Eurocopa se fai de maneira conxunta ((a primeira vez foi a Eurocopa 2000). A candidatura de Austria e Suíza foi elixida polo Comité Xeral da UEFA, o 12 de decembro de 2002, por diante das candidaturas de Rusia, Hungría, Bosnia e Hercegovina-Croacia, Grecia-Turquía, Escocia-Irlanda e unha candidatura conxunta de Escandinavia composta por Dinamarca, Finlandia, Noruega e Suecia.
Datas Os encontros disputáronse entre o 7 de xuño e o 29 de xuño de 2008. A fase clasificatoria desenvolveuse ao longo dos anos 2006 e 2007.
Mascotas
Foron dúas, chamadas Trix e Flix. Dous rapaces vestidos coas camisetas das seleccións de Austria (branca) e Suíza (vermella), e cos pelos peiteados en crista, semellando os Alpes. Os nomes puxéronllelos logo dunha votación aberta á participación dos cidadáns suízos e austríacos. As posibilidades eran: Zagi e Zigi Flitz e Bitz Trix e Flix
Co 36,3% dos votos, Trix e Flix foron os escollidos.
Sedes miniatura|250px|O St. Jakob Park da cidade suíza de Basilea acolleu o partido inaugural Cada sede acolleu tres partidos da primeira fase, e o partido inaugural xogouse en Basilea. Na segunda rolda, os partidos xogáronse entre Basilea e Viena, con 2 cuartos de final e unha semifinal en cada un, namentres que a final tivo lugar na capital austríaca.
CidadeEstadioCapacidade BasileaSt. Jakob Park42.500 BernaEstadio de Suíza Wankdorf32.000 XenebraEstadio de Xenebra30.000 ZürichEstadio Letzigrund30.000 InnsbruckNovo Estadio Tivoli31.600 KlagenfurtEstadio Wörthersee31.957 SalzburgoEstadio Wals Siezenheim31.020 VienaEstadio Ernst Happel53.295
Estadios Viena Klagenfurt Salzburgo Innsbruck Estadio Ernst HappelCapacidade: 53.295 Hypo-ArenaCapacidade: 31.957 Estadio Wals SiezenheimCapacidade: 31.020 Novo Estadio TívoliCapacidade: 31.600 150px 150px 150px 150px 650px Basilea Berna Xenebra Zürich St. Jakob-ParkCapacidade: 42.000 Estadio de Suíza, WankdorfCapacidade: 31.907 Estadio de XenebraCapacidade: 31.228 LetzigrundCapacidade: 30.000 150px 150px 150px 150px
Equipos participantes Para a clasificación á Eurocopa 2008 realizouse un torneo previo entre setembro de 2006 e novembro de 2007. Para isto sorteáronse en Montreux, Suíza, o 27 de xaneiro de 2006 sete grupos clasificatorios, onde os dous primeiros de cada un clasificaron para a rolda final. Austria e Suíza clasificáronse automaticamente ao seren os organizadores.
O sorteo para a fase final da competición efectuouse o 2 de decembro de 2007. As 16 seleccións clasificadas foron dispostas en catro bombos en función do seu coeficiente UEFA. No primeiro bombo colocáronse Austria e Suíza, anfitrións desta edición, Grecia, campión vixente, e os Países Baixos, a selección con maior coeficiente UEFA. Croacia, Italia, República Checa e Suecia quedaron no segundo bombo, mentres que o terceiro quedou composto por Alemaña, España, Portugal e Romanía. Finalmente, o cuarto bombo estivo conformado por Francia, Polonia, Rusia e Turquía.
Destes, os equipos polaco e austríaco é a primeira vez que disputan a fase final dunha Eurocopa.
Equipos participantes
Calendario e resultados Fase de grupos
Grupo A EquipoPtsXGEPGFGCDif6320153263201550331023303310246-2
7 de xuño - Basilea 0 1 7 de xuño - Xenebra 2 0 11 de xuño - Xenebra 1 3 11 de xuño - Basilea 1 2 16 de xuño - Xenebra 2 0 16 de xuño - Xenebra 2 3
Grupo B EquipoPtsXGEPGFGCDif93300413632014221301213-21301214-3
8 de xuño - Viena 0 1 8 de xuño - Klagenfurt 2 0 12 de xuño - Klagenfurt 2 1 12 de xuño - Viena 1 1 16 de xuño - Viena 0 1 16 de xuño - Klagenfurt 1 0
Grupo C EquipoPtsXGEPGFGCDif933009184311134-12302113-21301216-5
9 de xuño - Zürich 0 0 9 de xuño - Berna 3 0 13 de xuño - Zürich 1 1 13 de xuño - Berna 1 4 17 de xuño - Berna 2 0 17 de xuño - Zürich 2 0
Grupo D EquipoPtsXGEPGFGCDif93300835632015503310234-10300315-4
10 de xuño - Innsbruck 4 1 10 de xuño - Salzburgo 0 2 14 de xuño - Innsbruck 1 2 14 de xuño - Salzburgo 1 0 18 de xuño - Salzburgo 1 2 18 de xuño - Innsbruck 0 2
Fase eliminatoria
Campións da Eurocopa 2008100px|España España Segundo título
Estatísticas Goleadores
4 goles David Villa 3 goles Lukas Podolski Roman Pavlyuchenko Hakan Yakin Semih Şentürk 2 goles Ivan Klasnić Michael Ballack Bastian Schweinsteiger Miroslav Klose Dani Güiza Fernando Torres Ruud van Nistelrooy Robin van Persie Wesley Sneijder Andrei Arshavin Zlatan Ibrahimović Arda Turan Nihat Kahveci
1 gol Ivica Vastić Luka Modrić Ivica Olić Darijo Srna Jan Koller Jaroslav Plašil Libor Sionko Václav Svěrkoš Thierry Henry Philipp Lahm Angelos Charisteas Daniele De Rossi Christian Panucci Andrea Pirlo Giovanni van Bronckhorst Klaas-Jan Huntelaar Dirk Kuyt Arjen Robben
1 gol (cont.) Roger Guerreiro Deco Raul Meireles Nuno Gomes Pepe Hélder Postiga Ricardo Quaresma Cristiano Ronaldo Adrian Mutu Dmitri Torbinski Konstantin Zyrianov Rubén de la Red Cesc Fàbregas Xavi Hernández David Silva Petter Hansson Uğur Boral
Notas