A Illa Kodiak é unha illa do estado norteamericano de Alasca. É unha grande illa na costa sur de Alasca, separada do continente polo Estreito de Shelikof.

É a maior illa de Alasca e a segunda maior illa dos Estados Unidos, despois da Illa Grande de Hawai, con 8.975 km² de superficie. Ten 160 km de lonxitude e varía entre 16 e 96 km de largo. A Illa Kodiak é a maior do Arquipélago Kodiak.

A Illa Kodiak é montañosa e densamente cuberta de vexetación nas vertentes norte e leste, e escasamente boscosa no sur. Posúe numerosas baías protexidas do xeo, ideais para o atraque de embarcacións.

A maior parte da illa é un refuxio da vida salvaxe. O oso de kodiak e o caranguexo xigante de kodiak son especies nativas da illa.

A illa foi explorada en 1763 polo comerciante de peles ruso Stepan Glotov. Foi o primeiro sitio de Alasca onde se estabeleceu unha ocupación permanente rusa, por iniciativa de Grigory Shelikhov en 1784. A colonia moveuse para onde hoxe esta a localidade de Kodiak en 1792 tornandose o centro do comercio de peles ruso. En 1912 o Novarupta ten unha erupción no continente pero que cobre a illa con cinza volcánica, causando unha vasta devastación e perda de vidas. A illa foi igualmente alcanzada por un forte sismo no Venres Santo de 1964 e o subseguinte tsunami.

En 1998 a Corporación para o Desenvolvemento Aeroespacial de Alasca comezou os traballos para construír o Complexo de Lanzamento Kodiak, hoxe en día coñecido como Complexo do Espazoporto do Pacífico - Alasca, un centro de lanzamento de foguetes espaciais.

A illa de Kodiak é parte do Distrito da Illa Kodiak Island. A maior localidade é Kodiak. Outras localidades son Ahkiok, Old Harbor, Karluk, Larsen Bay, Port Lions e Ouzinki.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Masacre de Awa'uq Complexo do Espazoporto do Pacífico - Alasca Ligazóns externas Official Kodiak Island website Reconnaissance Geologic Map of Kodiak Island and Adjacent Islands, Alaska United States Geological Survey Kodiak management area salmon daily and cumulative escapement counts for river systems with fish weirs, 1997-2006, and peak indexed escapement counts, 2006 / by Iris O. Caldentey.

Categoría:Illas e arquipélagos da costa de Norteamérica Categoría:Illas dos Estados Unidos de América Kodiak