O Nanga Parbat é un cumio da cordilleira do Himalaia, de 8.126 m, sendo a novena montaña máis alta do mundo e a segunda de Paquistán. Situado ao norte do país, é o pico superior aos oito mil metros localizado máis ao occidente.
Topónimo O nome do monte significa montaña espida en urdú e hindi. A denominación débese a que se trata dunha montaña illada, separada do resto de grandes montañas, feito que a fai destacar na paisaxe circundante. Este mesmo isolamento faina ao tempo especialmente perigosa para os escaladores.
En caxemir o seu nome é Diamir, que quere dicir rei das montañas.
Cimas secundarias O Nanga Parbat, como outras montañas elevadas, ten varios cumes menores, a parte do principal, entre os que cómpre desetacar os seguintes:
Nanga Parbat 8.126 m Nanga Parbat, lomba 8.070 m Nanga Parbat, cima sur 8.042 m Nanga Parbat, cima nordeste 7.910 m Nanga Parbat, cima norte 7.815 m Nanga Parbat, 2ª cima norte 7.785 m Nanga Parbat, Silberzacken 7.597 m Nanga Parbat, cima leste 7.530 m
Ascensións En 1953 unha expedición alemá, dirixida por Karl-Maria Herrligkoffer, logrou pisar o cume do Nanga Parbat o 3 de xullol de 1953. O único integrante desta expedición que chegou ao cume foi o escalador austríaco Hermann Buhl, co mérito engadido de facelo sen máscara de osíxeno.
A primeira ascensión invernal tardaría sesenta e tres anos máis, o 23 de febreiro de 2016 e pola seguinte orde Ali Sadpara, Alex Txikon e Simone Moro chegaron ó máis alto do pico paquistaní.
Notas
Categoría:Montañas de Paquistán Categoría:Himalaia