miniatura|250px|Can de palleiro. A seguir recóllese a pegada que deixou o can na cultura popular galega, na etnografía e na literatura de transmisión oral.

Supersticións miniatura|250px|dereita|Cinamomo, árbore da rabia ou árbore de Santo Outel Conta Eladio Rodríguez Eladio Rodríguez González, s. v. can. que en Galicia tiñan pánico dos cans doentes (enfermos de rabia), motivo polo que, cando aparecía un, xuntábanse axiña os homes armados con paus, fouces e outros apeiros de labranza para darlle caza e matalo. Cando alguén resultaba mordido, levábano a unha fonte e se na auga do pío se reflectía a figura da cabeza dun can era sinal de que estaba infectado.

Santo Outelo ou Eutelo é o santo avogoso para protexer e curar ás xentes que foron trabadas por un can doente ou sospeitoso de selo. De feito, o cinamomo (Melia azedarach) chámase tamén árbore da rabia e árbore de Santo Outel porque se considera que cura a enfermidade mediante unha infusión feita coa casca, as follas e as flores e o rezo de ensalmos coma estes Xesús Ferro Ruibal, 259.:

Can da rabia,/ tente en ti,/ que o San Alauterio/ está no medio de min e de ti. Detente, can doente,/ como Dios se tuvo en si./ San Outeliño bendito/ no medio de min e de ti.

Ramón Cabanillas escribiu un poema sobre O can da rábea, que inclúe estes versos:

Animais fantásticos Existen certas aparicións fantásticas protagonizadas por cans : Can branco: visión fantástica que se aparece de noite nos camiños e que mira tristemente a quen se atopa. Aínda así, crese que é de bo agoiro. Can negro: aparición fantástica en forma de can de cor negra, que se aparece nos camiños. Considérase de mal agoiro. Can do mar: ser fantástico con forma de can grande e negro, que sae do mar oubeando furiosamente. Cadela das tetas longas: ser fantástico que aparecía durante a noite anunciando a morte. Tiña a forma dunha cadela branca cunhas mamas que case lle arrastraban polo chan e botando lapas de lume pola boca. Por veces era tan grande coma un cabalo e podía partirse en dúas metades. Tan pronto ladraba coma un can que beaba coma un carneiro, grallaba coma un corvo ou choraba coma unha carpideira nun enterro.

Léxico Tipos de cans Can coenlleiro: o especializado na caza do coello. Can danado: can doente. Can de axuda: can de defensa do seu amo. Can de busca: can de caza. Can de caste: can de raza, non cruzado. Can de caza: can que se dedica a cazar. Can de gando: can de gran tamaño, que vai co gando ó monte para defendelo dos ataques do lobo. Can de montaña: ver can de gando'. Can de palleiro: can do país, que adoitaba dormir no palleiro, e de aí o seu nome. Can do mar: peixe da familia das quenllas. Can doente: can enfermo de rabia Can faldreiro: can de pequeno tamaño, que adoita estar nas faldas das mulleres. Can grande: antiga moeda de dez céntimos de peseta, tamén chamado patacón. Can guicho: can perdigueiro. Can ladrador: can que ladra moito e frecuentemente. Can lebreiro: especializado na caza de lebres e coellos. Can maior (Canis Major): constelación que comprende a estrela Sirio, a máis brillante do ceo nocturno da Terra. Can menor (Canis Minor): constelación austral, formada só por dúas estrelas. Can ovelleiro: can especializado a pastorear ovellas. Can pequeno: moeda de cinco céntimos de peseta, tamén chamada cadela. Can perdigueiro: raza de cans de grandes orellas, especializado na caza de perdices. Can rabeno: can ó que lle cortaron o rabo total ou parcialmente. Can raposeiro: can especializado na caza do raposo. Can sen dono: can vagabundo, que anda errante polos camiños. Can ventador, can venteador: can de caza que segue a esta polo olfacto.

O can como metáfora 250px|miniatura|Cadela de frade Cadela: moeda de pouco valor; Cadela: fig. muller de xenio vivo, que se alporiza por nada. Cadela: pan pequeno feito coa masa sobrante. Cadela: lorcho bravo. Cadela, cadelucha: nome xenérico de diferentes moluscos. Cadela da verdura: verme da col (Helicoverpa armigera). Cadela das patacas: verme que ataca as patacas. Cadela de cen patas: cempés. Cadela de frade: forcadela, rapacarallas (Forficula auricularia). Crese que é quen de meterse polo oído da xente ata perforar o tímpano e poñer os ovos no fondo do conduto auditivo Real Academia Galega: Diccionario (1913-1928).. Cadela de faldras, cadela dos frades, cadela faldrexa. Cadela lareta, cadela lavada: ver cadela de frade. Cadeliña do demo: ver cadela de frade.

Locucións A paso de cadela: a paso lixeiro, rápido Eladio Rodríguez González, s. v. cadela.. Apupar a un como un can: perseguir a un con insultos e burlas . Atar os cas con longaínzas: dise cando se promete algo imposible, para enganar a alguén José María Pereda Álvarez. No orixinal: langoízas.. Botar os cans a un: recibir mal a unha persoa, con berros e malos xestos, botarlle fóra . Botarlle un can a un: ver botar os cans. Cara de can: dise da persoa fea, que ten cara de poucos amigos, que pon mal xesto, que é antipática . Cariñento coma un can: moi cariñoso, dócil, obediente. Coma cás e gatos: ver levarse coma o can e o gato. Comer coma o can dos gardas: comer moito O colector engade que, coma os gardas civís gañaban pouco, o can que levaban estaba morto de fame e comía vorazmente cando conseguía algo.. Como can con vincha ó rabo: dise de quen marcha fuxindo, corrido e avergonzado. Como ir á caza sin can: facer algo por perder o tempo. Contarlle os pelos a un can: pretender algo que resulta imposible conseguir. Tamén se aplica a alguén que é moi espelido. Correr a un coma un can: acosar a alguén, perseguilo. Despertar o can que dorme: equivale a buscar tres pés ó gato. Facer como os cans grandes cos pequenos: ignorar os ataques ou críticas daqueles a quen se considera inferior ou máis débil. Fame de can: fame grande Ir os cans onde non os chaman: dise de quen se entromete onde ninguén o chama, nin lles importa nada José María Pereda Álvarez.. Levarse como o can e o gato: estar rifando permanentemente, levarse mal con outro . Meter os cas na bouza: sementar xoio entre uns e outros, levantar inimizades entre uns e outros, para que sexan os outros os que actúen e sen tomar partido por ninguén . Morrer adoecendo coma un can: morrer desesperado, entre fortes dolores. Morrer como un can: morrer na miseria, no máis absoluto abandono, sen que ninguén o coide nin se compadeza . Non hai can que o roa: aplícase a algo insoportable, incrible ou que ninguén pode entender. Non parar nin os cans: dise cando vai un frío intenso. Non quedar can tras palleiro que non cachease: dise tras escudriñar atenta e minuciosamente un lugar. ¡Non teño nin cadela!: dío quen non ten un pataco . Non valer o que o rabo dun can: non valer nada unha cousa, non ter en consideración a alguén . ¡O meu can pillou unha mosca!: dise cando ocorre algo pouco habitual ou cando alguén acerta algo por pura casualidade ou propón unha solución que resulta obvia ou xa proposta por outro Victoria Cerviño Ferrín 2013.. Parecer un can sin dono: dise da persoa que anda e vive soa, que carece de amigos . Pasar vida de can: vivir con grandes traballos e privacións . Pelexar os cas pola carniza: dise das leas entre os políticos, entre os membros da curia, entre os herdeiros . Poñer a un coma un can: insultar a alguén, ofendelo . Poñerse feito un can: alporizarse moito, enfadarse . Resultarlle un can calzado: dise de quen levou un chasco, ou que resultou burlado . Saírlle [a alguén] o can sen rabo: levar un chasco . Se fora un can mordíate: dise cando alguén está buscando algo que ten diante e non o ve. Ser un can ceboleiro: dise de quen nunca rexeita unha invitación e come alí onde o inviten Aníbal Otero Álvarez: Piquín.. Ser un can das merendas: ver Ser un can merendeiro Elixio Rivas Quintas (1978).. Ser un can merendeiro: dise de quen vai de casa en casa levando contos, e faino aproveitando as horas nas que resulta probable ser convidado a comer algo sen ter que pedilo . Ser un can sin dono: dise de quen leva unha vida desordenada e sen que ninguén o controle . Ser un can vello: dise de quen, por idade e experiencia, pórtase con cautela e precaución, sendo imposible enganalo . Ser can vello no lugar: aplícase a quen sabe tódolos andares de tódolos veciños dun lugar. Ter carne de can: ter unha persoa moito aguante ou resistencia. Tratar a un coma un can: maltratar a alguén, tratalo con desprezo . Volver ó pasado, como o can ó trousado: reincidir nalgún vicio ou falta, como o can que volve a comer o que acaba de vomitar .

Refraneiro

Amigos, coma o can e o gato. Ás veces ruín cadela roe boa correa. Cando o can quer a cadela, ofrécelle farela. De can, cadela; e de cadela, can. De coxo e can rabelo, líbrenos Dios como do demo. Dous lobos a un can, ben o comerán.

Cantigueiro Á porta de cas te mordan,/ malos gatos te rabuñen,/ que veña un boi que te escorne/ i a morte que te apatule Xaquín Lorenzo Fernández, 43.. A sogra da miña irmá/ ten un xenio de cadela;/ miña irmanciña querida/ vas pasar a vida negra Xaquín Lorenzo Fernández, 49.. Almendriñas nas orellas/ tamén as ten o meu can;/ cando vai atrás das lebres/ xempre pensa que lle can Xaquín Lorenzo Fernández, 36. No orixinal: taménas, o meu cán. As almendriñas ou almendrillas son os pendentes e tamén os apéndices carnosos que penduran do pescozo e orellas do porco e da cabra.. Andas abaixo i arriba,/ pensas que ninguén cho sabe;/ sábecho Dios, todo o mundo/ e tamén o can do abade Xaquín Lorenzo Fernández, 39. No orixinal: cán.. Andas de abaixo pra arriba,/ coidas que ninguén cho sabe;/ sábeo Dios e todo o mundo/ e a cadela do abade Saudade nº 4, xullo 1943, 29. No texto: d’abaixo’ pr’arriba, ch’o.. Aquela vella/ porque era vella/ quer que lle fagan/ a cama de pedra/ i á cabeceira/ un can polo rabo/ pra cando esperte/ que bote un trago Xaquín Lorenzo Fernández, 44.. Asubíasme de lonxe/ como a can que anda perdido;/ eu non son can de palleiro/ que entenda por asubío Xaquín Lorenzo Fernández, 50. Paralela a can de palleiro é a denominación de fillo de palleiro (ou fillo de tras do palleiro) aplicada ós fillos de solteira, sen pai recoñecido.. Cálate, vaite calando,/ cara de cinta marela,/ que te teño retratado/ no cu da miña cadela Xaquín Lorenzo Fernández, 55. No orixinal: cú.. Cando non hai que facer/ ¿que farán os cataláns?/ Andarán pola ribeira/ tirando pedras aos cans Álvaro das Casas, 192. No texto: pol-a, cáns.. Cando non hai que pescar/ ¿que farán os cataláns?/ Andarán pola ribeira/ tirando pedras ós cans Lino Lema Bouzas, 14.. Chamáchesme cachorriño,/ mais eu non mordo a ninguén,/ que se ladro á túa porta/ é porque che quero ben Xaquín Lorenzo Fernández, 62.. Como queres que te queira/ se me perdiche o amor?/ No monte o can vai chorando/ que perdeu ao seu señor Xaquín Lorenzo Fernández, 64. No orixinal: perdéu.. Dime, por Dios, Cateliña,/ quen te meteu nistes tratos;/ o teu pai é carpinteiro,/ fóxenlle os cas cos cabacos Xaquín Lorenzo Fernández, 70. No orixinal: quén, cás. Cabacos son trozos de madeira.. Dime por Deus, Mariquiña,/ ¿Quén te meteu neses tratos?/ Teu pai é mal carpinteiro,/ Fóxenlle os cas cos cabacos Real Academia Galega (1913-1928), s. v. cabaco. No orixinal: meteo, n-estes, Fogenlle os cás c' os cabácos.. Eí vai Luisa de Guinio,/ corre coma unha cadela,/ busca-los dentes do burro/ pra faguer unha peineta Xaquín Lorenzo Fernández, 73. No orixinal: ehí, buscalos.. Este pandeiro que toco,/ este que teño na man,/ este pandeiro que toco/ é de pelexo de can. Eu pedinlle o Maio/ a un capitán,/ non me tuvo que dar/ máis qu’a cabeza dun can. Eu teño un can de palleiro/ que de noite anda ceibado,/ ten coidado, Maruxiña,/ Maruxiña ten coidado Álvaro das Casas, 215.. Eu teño un cansiño/ que baila abofé,/ que baila a muiñeira/ na punta dos pés,/ na punta dos pés,/ dá un brinco pra trás/ e tócalle as cunchas/ no chascarraschás Fermín Bouza Brey 1929, 186..