Akita (秋田市, あきたし, Akita-shi en xaponés) é a capital da prefectura de Akita, no Xapón, a carón do río Omono.

Historia A cidade medrou arredor do castelo de Akita, construído no ano 733; o 1 de abril de 1889 Akita acadou o status de cidade.

Akita tamén foi o lugar de lanzamento dos foguetes sonda Kappa entre 1956 e 1990, cun total de 81 foguetes lanzados.

Economía Preto da cidade de Akita está o campo petroleiro máis importante do Xapón. A refinaría de petróleo, a industria da seda, da madeira e a ourivaría constitúen a base da economía local.

Universidades Universidade de Akita (秋田大学). Universidade da prefectura de Akita (秋田県立大学). Universidade internacional de Akita (国際教養大学).

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de concellos do Xapón

Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Akita . Sitio web oficial da cidade de Akita .

Categoría:Concellos do Xapón Categoría:Prefectura de Akita Categoría:Cidades do Xapón