O 20 de novembro é o 324º día do ano no Calendario Gregoriano e o 325º nos anos bisestos. Quedan 41 días para rematar o ano.
Acontecementos miniatura|Elección de Eladio Rodríguez como presidente da RAG. De pé: Ángel del Castillo, Fernando Martínez Morás, Manuel Amor Meilán, Federico Maciñeira, José Vega Blanco, Ramón Cabanillas, Victoriano Taibo e Antón Villar Ponte. Sentados: David Fernández Diéguez, Indalecio Varela Lenzano, Uxío Carré, Marcelo Macías, Eladio Rodríguez e Rafael Pérez Barreiro. 20/11/1926
284 - En Roma, Diocleciano ė elixido emperador. 1520 - A expedición de Fernão de Magalhães remata a travesía do estreito que bautiza co seu nome. 1917 - Ucraína é declarada república. 1929 - Primeira exposición do pintor español Salvador Dalí en París. 1945 - Comezan os Xuízos de Núremberg contra 24 criminais de guerra nazis e 8 organizacións hitlerianas. 1959 - As Nacións Unidas aproban a Declaración dos Dereitos do Neno. 1962 - Remata a crise dos mísiles cubanos cando Rusia retira o seu armamento nuclear de Cuba. 1980 - O GRAPO asasina na Coruña o garda civil Ricardo López Castiñeira. 1989 - As Nacións Unidas aproban a Convención sobre os Dereitos do Neno 1999 - A República Popular da China lanza ó espazo a primeira nave do Programa Shenzhou.
Nacementos miniatura|Joe Biden. 1602 - Otto von Guericke, inventor da bomba de baleiro (m. 1686). 1761 - Pío VIII, papa (m. 1830). 1841 - Victor D'Hondt, xurista belga (m. 1901). 1850 - Alfredo Vicenti, xornalista, médico e poeta galego (m. 1916). 1853 - Félix Estrada Catoyra, médico e ensaísta galego (m. 1938). 1886 - Karl von Frisch, zoólogo alemán (m. 1982). 1889 - Edwin Hubble, astrónomo (m. 1953). 1924 - Benoît Mandelbrot, creador da xeometría fractal (m. 2010). 1942 - Joe Biden, 46º presidente estadounidense. 1955 - Alicia Estévez Toranzo, microbióloga galega.
Mortes miniatura|Lev Tolstoi. 1856 - Farkas Bolyai, matemático húngaro (n. 1775). 1910 - Lev Tolstoi, novelista ruso (n. 1828). 1936 - José Antonio Primo de Rivera, fundador de Falange Española, fusilado na cadea de Alacant polo bando republicano. 1936 - Buenaventura Durruti, líder anarquista español (n. 1896). 1952 - Benedetto Croce, escritor, filósofo e político italiano (n. 1866). 1952 - Edwin Conklin, biólogo norteamericano (n. 1863). 1955 - Salvador García-Bodaño Fernández, escritor e político galego (n. 1896). 1963 - Luis Cernuda, poeta español da Xeración do 27 (n. 1902). 1970 - María Barbeito, pedagoga galega (n. 1880). 1975 - Francisco Franco, ditador de España (n. 1892). 1978 - Giorgio de Chirico, pintor italiano (n. 1888). 1989 - Leonardo Sciascia, escritor italiano (n. 1921). 2006 - Robert Altman, director de cinema norteamericano (n. 1925). 2014 - Cayetana Fitz-James Stuart, aristócrata española (n. 1926).
Festas e celebracións Día Universal do Neno (tamén chamado Día Internacional dos Dereitos do Neno), en conmemoración da aprobación pola ONU da Declaración dos Dereitos do Neno, o 20 de novembro de 1959. Día da Industrialización de África Día da Revolución en México (1910) Día da Concienza Negra no Brasil.
Outros
Os 366 días do ano
Categoría:Novembro