miniatura|left|Centro de Zagreb. Unha das máis ricas repúblicas da antiga Iugoslavia, Croacia sufriu seriamente os efectos da guerra civil entre 1991 e 1995. A produción caeu e a economía perdeu as primeiras levas de investimentos que foron dirixidas aos países do Este Europeo logo da caída do Muro de Berlín. A renda per cápita croata no 2004 representaba tan só o 41,6% da renda media da UE (8.960€), as consecuencias desfavorables da guerra dos Balcáns e os reasentamentos étnicos da poboación frearon o desenvolvemento económico.

Entre o 2000 e o 2007 a economía tiven un continuo crecemento anual, entre o 4% e o 6%, sobre todo debido ao crecemento do turismo e da oferta de crédito directo ao consumo. A cidade de Dubrovnik volve estar nos principais destinos dos operadores de turismo internacionais. Entre o 2000 e o 2007, a inflación quedou baixa e a moeda, kuna, quedou estable.

Actualmente, é unha economía que se atopa moi preto do desenvolvemento segundo o Foro Económico Mundial. Xunto á da República de Eslovenia, eran e seguen sendo as nacións máis industrializadas e avanzadas da ex-Iugoslavia. Os principais socios comerciais de Croacia son Italia e Alemaña, cos cales realiza intercambios comerciais que suman máis dun 20% do seu PIB.

O país é hoxe un candidato oficial para acceder á Unión Europea, xunto coa República da Macedonia e Turquía. Os seus indicadores macroeeconómicos son mellores que países que xa accederan á UE en 2004. O acceso de Eslovenia á UE e a súa incorporación ó sistema monetario do Euro, son novas esperanzadoras para a segunda economía máis estable da ex-Iugoslavia. De tódolos xeitos, o comisario encargado da ampliación Olli Rehn, dixo que ningún novo país se incorporaría á Unión tras Romanía e Bulgaria ata o 2010. As maiores trabas son a política agraria e o libre movemento de persoas e capitais, consecuencias do pasado comunista croata.

Notas